Cando o bo tempo
chama a porta temos que deixalo pasar. Así que te tes pensado gozar dun
día na praia, no río ou na piscina recomendamos seguir estas estas
indicacións a ter en conta para previr psobiles accidentes na auga:
- Mergúllate onde ti queiras, pero coa cabeciña posta no seu sitio seguindo as indicacións do persoal socorrista
- Ensina aos máis pequenos a nadar respectar as normas e sinais de perigo como por ejemplo observando as cores das bandeiras: verde, permitido o baño; amarelo, precaución; vermello, prohibido o baño
- Asegúrate que os nenos e nenas usen un flotador hinchable homologado e sempre á vista de adultos
- Se practicas deportes acuáticos comproba as medidas de seguridade especificas.
- Se navegas nunha embarcación de lecer, lembra o teu chaleco. En caso dunha emerxencia na túa embarcación lembra o manter en escoita na canle 16 do VHF
- Para evitar golpes de calor, hidrátate bebendo auga, evita exposicións prolongadas ao sol como usando gorros, protéxete debaixo dunha antuca e evita facer deporte nos momentos de máis calor
- Nadar ou navegar baixo os efectos do alcol non é ben
- Xa sabes que se tes algunha emerxencia ou ves alguén en perigo, estamos a tres díxitos de ti: 112
No hay comentarios:
Publicar un comentario