Traductor

lunes, 15 de julio de 2019

Inauguración exposición «Bocados» na Domus

Inauguración exposición «Bocados» na Domus


O 17 de xullo ás 12.30 horas inauguramos unha nova exposición sobre nutrición na Domus. «Bocados» é unha mostra sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que conta con 14 módulos interactivos agrupados en tres secciones. Convidámosche a que veñas a esta inauguración, na que haberá unha visita á exposición, unha charla sobre as algas, como fonte alimenticia, e unha degustación destes vexetais.

IMPORTANTE

– Esta é unha actividade gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario e recibir confirmación de contar con praza, a través do correo electrónico que nos proporciones, para poder asistir. Pódese vir acompañado, só nos tes que indicar cantas persoas seredes en total.

>> Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía—Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.


No hay comentarios:

Publicar un comentario