Traductor

jueves, 1 de agosto de 2019

Servizos especiais de autobuses Festas de María Pita


O Concello activa os servizos especiais de autobuses con motivo das Festas de María Pita
Foto Tranvías de A Coruña 

Os servizos de reforzo habilitaranse para os concertos na Praza de María Pita, Festival Noroeste Pop Rock e Batalla Naval

A Coruña, 31 de xullo de 2019.- Desde o Concello infórmase dos servizos especiais que se habilitarán con motivo das Festas de María Pita 2019.

Concertos na Praza de María Pita

Os días 1, 2, 3 y 4 de agosto ao remate dos concertos, previsto ás 00.30 horas, haberá un dispositivo especial con saídas desde Porta Real, consistindo en:

·         Unha liña identificada como 1 que dará cobertura ás zonas da Palloza, Gaiteira, Os Castros, Castrillón e Avda. de Monelos.

·         Unha liña identificada como 1A para as zonas de Catro Camiños, Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís.

·         Unha liña identificada como 3A que dará servizo ás zonas de Labañou e Los Rosales.

·         Unha liña identificada como 6 que sairá de Porta Real e entrará por Juana de Vega a Plaza de Pontevedra, Avda. de Finisterre, Ventorrillo e Meicende.

·         Unha liña identificada como 7 que sairá de Porta Real e entrará por Juana de Vega para dar servizo ás zonas de Peruleiro, Ronda de Outeiro, Ventorrillo e Villa de Negreira. 



·         Unha liña identificada como 11 que sairá de Porta Real e entrará por Juana de Vega, Praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla e Cancela para dar servizo á zona dos Mallos.

·         Unha liña identificada como 21 para dar cobertura a Ramón e Cajal, Pablo Picasso, Birloque e  Novo Mesoiro.

A partir da 01:30 horas entrarán en servizo os dous “Búhos”, un no sentido de circulación habitual Labañou – Ronda de Outeiro – Birloque, e outro no inverso, Os Castros – Castrillón – Monelos -  Eirís.


Noroeste Pop Rock

Os días 6, 7, e 8, de agosto celebraranse concertos en diversos escenarios. Como consecuencia poñeranse en servizo dous “Búhos”, un no sentido de circulación habitual, Labañou – Ronda de Outeiro – Birloque, e outro no inverso, Os Castros – Castrillón – Monelos -  Eiris, saíndo o primeiro ás 23:30 e o último ás 01:30 horas.

Os días 9 e 10, os concertos celebraranse na praia de Riazor. Por tal motivo poñeranse en servizo dous “Búhos”, un no sentido de circulación habitual, Labañou – Rolda de Outeiro – Birloque, e outro no inverso, Os Castros – Castrillón – Monelos -  Eiris, saíndo o primeiro ás 23:30 horas e o último ás 05:00 horas. Asemade instalarase unha parada provisional no Paseo Marítimo, á altura da  coraza antes da intersección con Modesta  Goicouría.



Batalla Naval

O día 14 con motivo da celebración da Batalla Naval poñerase o servizo nocturno cun intervalo de 15 minutos saíndo o primeiro ás 23:30 horas. A partir da 01:30 quedarán dous buses en servizo cunha frecuencia de 30 minutos sendo a última saída ás 05:00 horas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario