Traductor

sábado, 7 de septiembre de 2019

Festival Mar de Mares


Rey destaca o poder de convocatoria do festival Mar de
mares para atraer a todas as idades




A alcaldesa destacou na presentación da sexta edición que o Goberno local traballará na preservación do Medio Ambiente e en implicar á cidadanía durante todo o ano  
A Coruña, 6 de setembro de 2019.- A alcaldesa Inés Rey acudiu á presentación da sexta edición do Festival Mar de Mares na Fundación Paideia, que dará comezo o 18 de setembro e estenderase en actividades ata o mes de outubro. A rexedora valorou o labor da organización por concentrar ata unha trintena de citas de disciplinas ben distintas -arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, música ou deporte-, pero unidas todas polo compromiso de preservar o Medio Ambiente, como “un mar de fondo, que arrastra o talento a facer arte coa idea de concienciar, que colle as ferramentas e baixa á praia para recoller lixo e que prepara gastronomía sendo respectuosos”. 
Rey insistiu en que todas as iniciativas que englobará “este mar que son á vez todos os mares”, teñen idéntica mensaxe, a de que “queremos un mar sen plásticos, unha sociedade concienciada e un océano o máis limpo posible para que os que están por vir desfruten igual ca nós do mar da Marola e a baía do Orzán”. 

Neste punto, explicou a importancia de educar ás novas xeracións en sostenibilidade con “pildoriñas” que os seduzan, nun calendario que tamén contén opcións de lecer para os maiores e para desfrutaren en familia: “A nosa intención desde o Goberno local é de traballar neste liña a nivel institucional durante o ano e durante todo o mandato”. 
No acto estivo presente o delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Ovidio Rodeiro; a codirectora de Mar de Mares, Silvia Oviaño; o director da escola de buceo Nauga, Rubén Lucas; e a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.




No hay comentarios:

Publicar un comentario