Traductor

lunes, 21 de octubre de 2019

Noticias do Concello da Coruña




Arrincan os traballos de mellora da accesibilidade na contorna da praza de Vigo


O Goberno local busca con este tipo de actuacións construír “unha cidade máis accesible e inclusiva”



O Concello, a través da Concellería de Infraestruturas, iniciou esta semana as obras de mellora da accesibilidade en o cruzamento das rúas Menéndez Pelayo e Federico Tapia na contorna da praza de Vigo cun prazo estimado de catro semanas.
Con estas actuacións, o Goberno local prosegue co seu plan de melloras encamiñadas a construír unha cidade máis accesible, máis inclusiva e na que a cidadanía poida camiñar con maior autonomía. 

O Concello traballa na posta en marcha dun plan de accesibilidade permanente para lograr “unha cidade sen barreiras”. Un plan que permitirá eliminar obstáculos e corrixir puntos que dificultan a mobilidade e permitirá adoptar as medidas necesarias para favorecer a mobilidade e a inclusión de toda a veciñanza. 

Os traballos consisten en adaptar as beirarrúas para resolver os problemas de accesibilidade, especialmente nos tres pasos de peóns e na parada do transporte público urbano. Segundo se detalla no proxecto, nos pasos de peóns realizaranse os saíntes para mellorar a visibilidade e repavimentaranse con plaqueta podotáctil, un material que permite alertar as persoas cegas ou con discapacidade visual de zonas con obstáculos ou áreas onde existe un cambio de altura.

Outras das actuacións recollidas no proxecto é a ampliación da parada do bus onde se alongará a plataforma cara á calzada para facilitar a manobra dos autobuses. Ademais, tamén está previsto que se mellore en toda a zona os sinais de accesibilidade. As obras, que servirán para renovar as canalizacións dos servizos municipais e a recollida de pluviais, execútanse a cargo do contrato de mantemento de áreas peonís zona sur. 

Desde Infraestruturas anunciaron que durante os traballos limitaranse as zonas de aparcamento e haberá cortes puntuais dun carril para descarga de materiais. 



O Concello dá a orde de peche da sala de apostas da Estación de Autobuses da Coruña 

      O Goberno local inicia unha revisión do estado da totalidade das salas de apostas da cidade 

      Non se permitirán actividades deste tipo en edificios municipales

O Concello da Coruña anuncia que non vai permitir a realización de actividades de apostas e vinculadas co xogo en ningún edificio municipal. Como consecuencia desta decisión e mantendo o seu compromiso na loita contra a ludopatía na cidade, o Goberno local procedeu a dar a orde de peche inmediato da sala de apostas da Estación de Autobuses.

Tras estudar o estado da devandita sala de apostas, os técnicos municipais ditaminaron o seu estado de precariedade ao non disponer de licenza nin autorización e, polo tanto, procedeuse a resolver a relación concesional coa empresa. 

A loita do Goberno local contra a ludopatía é clara, e proba diso son as reunións continuadas que mantén a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, coa Asociación Galega de Ludópatas en Rehabilitación (Agalure), ademáis da moción aprobada no pasado Pleno Ordinario do Concello por unanimidade.

Canto ao resto de salas de apostas e, o Concello xa iniciou o proceso de revisión dos actos comunicados por entidades vinculadas ás actividades do xogo para comprobar se contan con licenza expresa e en que condicións de implantación para declarar a súa ineficacia. O consistorio xa notificou a varios locais da cidade a orde de cese de actividade.



A Xunta de Goberno Local dará luz verde á constitución da Mesa pola Mobilidade

A Corporación tamén acordará prorrogar durante un ano o encargo a Emvsa para que xestione o funcionamento dun banco de vivendas de alugueiro destinadas a persoas con dificultades.

A Xunta de Goberno Local que terá lugar próximo martes 22 de outubro dará luz verde á constitución da Mesa pola Mobilidade Sostible da Coruña. “O obxectivo é contar cun instrumento para o impulso, a consulta e a participación nas políticas urbanas da mobilidade na cidade”, explicou o concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada.
“Un foro estable de traballo para analizar as propostas que nesta materia presenten os distintos axentes vinculados á mobilidade, tal e como se fai nas principaos ciudades europeas”, recalcou.

Villoslada lembrou que a creación deste órgano é un dos dez compromisos que en materia de mobilidade sostible recolle a Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sostible adoptada por todos os grupos políticos no pasado pleno do 3 de outubro.

A Mesa estará presidida polo edil de Urbanismo e nela estarán representadas as seguintes entidades: 
-  Dirección Xeral de Moilidade da Xunta
-  Deputación da Coruña
-  Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia
-  Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña
-  Autoridade Portuaria
-  Universidade da Coruña
-  Colexio de Enxeñeros de Camiños, Canais e Portos
-  Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
-  Cámara oficial de Comercio
-  Confederación de Empresarios
-  Federación das Asociacións de Veciños
-  Mesa Local do Comercio
-  Compañía de Tranvias
-  Representación do sector do taxi da Coruña
-  Stop Accidentes Galicia
-  Grupo de Accesibilidade Coruña
 -Representación dos colectivos de ciclistas

Tamén formarán parte da mesa un representante de cada grupo municipal do Concello, a directora da área de Mobilidade, Elvira Quintairos, o director de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, e a directora da área de Medio Ambiente, Angelika Lorenzen.

Doutra banda, a mesa poderá poñer en marcha grupos sectoriais de traballo e convocar os expertos e técnicos que considere necesarios nas distintas disciplinas que engloban a mobilidade urbana. Ademáis, se creará o Comisionado de Mobilidade, como órgano técnico de apoio á Mesa.

A área de Urbanismo tamén ten previsto presentar na Xunta unha proposta para prorrogar durante un ano o encargo a Emvsa para que xestione o funcionamento dun banco de vivendas de alugueiro destinadas a persoas con dificultades cun orzamento de 450.000 euros.

Ademáis, a Xunta de Goberno terá que aprobar a subscrición dun acordo co Ministerio de Fomento e a Xunta que se firmará a próxima semana para a rehabilitación e ampliación de cinco vivendas situadas nas rúas de San Nicolás e Marques de Pontejos cunha inversión de 1.048.822, 60 euros. O estado aportará un total de 91.8000 euros; 69.042,78 euros no ano 2020, e 22.757 euros no ano 2021.

Urbanismo solicitou unha subvención dentro do Programa de fomento do alugueiro do Plan estatal de vivenda 2018-2019, que convocan desde a Xunta de Galicia, para executar o proxecto de edificación nos soares e o inmoble de propiedade municipal destinados a vivendas sociais. O plan deseñado polo arquitecto Jorge Salgado dividirá a construción nun novo bloque con dous apartamentos en dúplex de dous dormitorios en Marqués de Pontejos e tres dun dormitorio no edificio existente en San Nicolás coa posibilidade de integrar nos baixos dous locais sen uso específico.







No hay comentarios:

Publicar un comentario