Traductor

viernes, 24 de abril de 2020

A Xunta colabora coas farmacias galegas coa posta en marcha da campaña Mascarilla-19 para axudar a posibles vítimas da violencia de xénero

A Xunta colabora coas farmacias galegas coa posta en marcha da campaña Mascarilla-19 para axudar a posibles vítimas da violencia de xénero
 
 
 
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo esta mañá unha xuntanza por videoconferencia con representantes dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos das catro provincias galegas

 O obxectivo é ofrecer unha canle máis de saída a situacións de violencia no fogar agravado pola etapa de encerro, na que a muller e membros da familia conviven máis estreitamente co agresor

A Xunta colabora coas farmacias galegas coa posta en marcha da campaña Mascarilla-19 para as vítimas da violencia de xénero, pola cal unha muller pode solicitar axuda cando acuda a unha das 1.345 farmacias que se atopan en Galicia .

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza por videoconferencia cos presidentes dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Lugo, Ourense e Pontevedra, Jano Sánchez, Santiago Leyes e Alba Soutelo e coa vicepresidenta do Colexio de A Coruña, Marga Muñoz, onde reiterou o apoio do Goberno galego a esta iniciativa xurdida nos colexios farmacéuticos de Canarias co nome de Máscara-19, sendo adoptada posteriormente por varias farmacias ao longo da xeografía española, e nestes días, posta en marcha por Galicia.

O obxectivo é darlle ás posibles vítimas da violencia de xénero unha canle máis de saída a situacións violentas no fogar agravadas pola etapa de encerro, na que a muller e membros da familia conviven máis estreitamente co seu agresor e non teñen outra forma de pedir axuda. Desta maneira, cando unha muller acode a unha oficina de farmacia unha vez que empregue o código “Máscara-19”, o persoal farmacéutico porase de inmediato en contacto coas forzas e corpos de seguridade do Estado.

Cabe lembrar que o colectivo farmacéutico formou parte na redacción e posterior aprobación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario