Traductor

martes, 7 de abril de 2020

As Bolsas Comedor continúa durante toda a Semana Santa


A repartición dos menús das
Bolsas Comedor continúa durante toda a Semana Santa




A Concellería de Benestar Social reparte 576 comidas diarias neste programa municipal que, por mor da crise do coronavirus, non se pausará durante esta semana como era habitual
 
A Coruña, 7 de abril de 2020.- A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, anuncia que a reparticion dos menús das Bolsas Comedor seguirase a realizar na cidade durante toda a Semana Santa. De non estarmos nun estado de alarma a consecuencia do coronavirus, este programa pausaríase durante as vacacions dos nenos e nenas. Deste xeito, a concellería informa que desde onte estanse a repartir as comidas habituais ás familias da crianzas que teñen opción a este tipo de bolsa municipal.

A repartición sufrirá unha pequena modificación xa que, pese a continuar nos colexios Raquel Caamacho, Víctor López Seoane, María Pita, Salgado Torres e Fogar de Santa Margarida, cancélase o servizo na Grande Obra de Atocha ata o vindeiro martes 14 de abril, día no que se volverá por en marcha. Nese período de tempo, as persoas que recollían os menús no colexio Grande Obra de Atocha deberán facelo no centro educativo Víctor López Seoane.
A Concellería de Benestar Social tamén sinala que, actualmente, estanse a repartir 576 menús diarios co programa municipal das Bolsas Comedor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario