Benestar Social colabora con varias superficies comerciais
nunha campaña de doazón de alimentos
Os víveres doados nesta iniciativa que promove a concellería son
destinados á Cociña Económica, Cáritas e o Banco de Alimentos Rías Altas
A
Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, en colaboración con
Vegalsa, El Corte Inglés e Gadisa, inicia unha campaña de recollida de
alimentos a favor da Cociña Económica, Cáritas e o Banco de Alimentos Rías
Altas, que se prolongará ata o 20 de abril.
As persoas interesadas en colaborar doando alimentos
para este fin terán á súa disposición nestas superficies comerciais do termo
municipal carros para poder realizar as súas doazóns, que posteriormente serán
recollidas polas diferentes entidades.
A recollida de alimentos en El Corte Inglés xa comezou
a pasada fin de semana, e Vegalsa iniciouna o pasado luns día 6 de abril en 14
tendas Eroski Center e Familia. Pola súa banda, Gadis comezará a campaña de
recadación o vindeiro martes día 14 nos 33 supermercados que a empresa galega
ten na cidade.
Esta campaña súmase ás numerosas iniciativas que a
Concellería de Benestar Social está a liderar e desenvolver durante a crise do
coronavirus para axudar e protexer os colectivos máis vulnerables da cidade. As
tres cadeas de supermercados colaboraron
coa concellería en diferentes iniciativas durante esta crise.

No hay comentarios:
Publicar un comentario