A Cociña Económica acolle unha comida solidaria
organizada polo club de Leones Marineda
A Coruña, 5 de julio de 2019.- A alcaldesa da Coruña, Inés
Rey, acompañada de varios conceleiros de goberno e da Corporación, acudiron á
Cociña Económica a un acto solidario organizado polo Club de Leones Marineda. 
“Hoxe estamos 40 
comensais sentados a  unha mesa
que se traducirá en fondos para estas 
persoas.  Contan desde a  Cociña Económica que  teñen que 
redobrar  esforzos desde un tempo
a esta parte para poder atender a todos a demanda que reciben  nesta sede de 
Cordelería. É  responsabilidade da
administración pública dar ou máximo 
apoio a  dúas  institucións como son o Club de Leones  Marineda e a Cociña Económica, que  traballan desde  hai décadas por colectivos e  persoas 
sen recursos.  Non  é 
casualidade, por tanto, que o Club de Leones escollera esta casa
para  estender a  súa 
solidaridade  hoxe, colaborando  as 
dúas nos  mesmos  proxectos”, apuntou Rey. 
Ao acto asistiron Ramón Mella, presidente  do Club de Leóns; José Manuel Dapena,
vicepresidente; Roberto Luís Moskowich, gobernador; Jacinto Torres, presidente
da Cociña Económica;  exalcalde José
Manuel  Liaño Flores; e as
concelleiras  Mayte  Gutiérrez e Mónica Martínez.   
Inés Rey: “É 
responsabilidade da administración pública dar ou máximo  apoio a 
dúas  institucións como son o 
Club de Leones  Marineda e
a Cociña Económica, que  traballan
desde  hai décadas por colectivos e  persoas 
sen recursos” 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario