Traductor

viernes, 5 de julio de 2019

POLICÍA LOCAL

                                   SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
             Desde as 07:00 horas do 3 de xullo até as 07:00 horas do 4 de xullo del 2019



DENUNCIADO POR FALSIDADE DOCUMENTAL PARA UTILIZAR UN CICLOMOTOR
IRREGULAR A FIN DE GARANTIR PRAZA DE ESTACIONAMENTO

- Unha dotación da Policía Local, seguindo unha denuncia veciñal, constatou que dous
ciclomotores tiñan a mesma matrícula. Os vehículos, que estaban estacionados na zona
de Orillamar cunha distancia duns 30 metros, estaban a nome da mesma persoa, un
home de 46 anos, con domicilio na contorna. A patrulla trasladouse ao domicilio do
propietario, que recoñeceu que efectivamente ambos os dous ciclomotres eran del e que
un dos deles carecía de seguro e da ITV porque o utilizaba para reservar praza de
estacionamento para o seu coche. A dotación inmobilizou e trasladou ao depósito
municipal cun guindastre o vehículo que carecía de seguro e de placas de matrícula e
denunciou perante o xulgado de garda ao titular por un presunto delito de falsidade de
documento público.
 
CONTROIS PREVENTIVOS DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA
- Ás 07.10 horas do 2 de xullo, produciuse un accidente da clase “contra obstáculo fixo”
no Paseo do Portiño, á altura do centro Reto, no que estivo implicado un único vehículo
que chocou contra un farol. A condutora, unha muller de 23 anos, presentaba signos de
acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que foi sometida ás probas
correspondentes e arroxou un resultado positivo (0,57 e 0,60 mg/l), polo que será
denunciada ao xulgado por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo, un Nissan
Micra, foi retirado por un guindastre de asistencia privada ao atoparse imposibilitado
para circular.
- Ás 00.06 horas do 4 de xullo, unha dotación deu o alto a un vehículo á altura do
número 215 da avenida Fisterra. O condutor, un home de 29 anos, arroxou un resultado
positivo en drogas pola presenza de Cannabis no organismo, polo que podería ser
sancionado cunha multa de 1.000 € e coa retirada de 6 puntos no seu permiso de
conducir. Do vehículo que conducía, da marca e modelo Citroën C4, fíxose cargo un
condutor alternativo con permiso de condución e en condicións normais.
- Ás 01.59 horas do 4 de xullo, unha dotación deu o alto a un vehículo na Praza de
Portugal, cuxo condutor, un mozo de 20 anos, arroxou un resultado positivo en drogas
pola presenza de Cocaína no organismo, polo que podería ser sancionado cunha multa
de 1.000 € e coa retirada de 6 puntos no seu permiso de conducir. Do vehículo que
conducía, un Audi A3, fíxose cargo un condutor alternativo con permiso de condución e
en condicións normais.
- Ás 03.59 horas do 4 de xullo, unha patrulla deu o alto a un turismo na confluencia da
rúa Orzán coa Praza Pontevedra, e o seu condutor, un home de 50 anos, arroxou un
resultado positivo (0,72 E 0,66 mg/l) polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado
polo procedemento de xuízo rápido. O vehículo que conducía, un Seat Arona, foi
inmobilizado preventivamente e trasladado ao depósito municipal como medida de
seguridade viaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario