A Xunta de Goberno Local aprobou as licenzas para a rehabilitación dos colexios Eusebio da Guarda e Dominicos
As obras de reforma do Colexio Santo Domingo-FESD e do CEIP Eusebio da
Guarda serán executadas pola Consellería de Educación, esta última cun
orzamento de máis dun millón de euros.
Hoxe celebrouse a segunda Xunta de Goberno Local do mandato composta
polos nove concelleiros do executivo de Inés Rey e os representantes do
resto de partidos políticos.
Nesta sesión ordinaria, o executivo tomou
conta dos expedientes urbanísticos aprobados no período comprendido
entre o 28 de maio e o 28 de xuño do 2019: 55 licenzas urbanísticas, 258
obras en réxime de comunicado, 101 actividades en réxime de
comunicación previa, 75 actividades en réxime de declaración
responsable, 3 autorizacións de proxecto básico e de execución, 1 emenda
nunha licenza de primeira ocupación e 4 prórrogas. Tramitándose así, un
total de 497 expedientes neste servizo.Entre as licenzas concedidas
destacan as obras de reforma do Colexio Santo Domingo-FESD e do CEIP
Eusebio da Guarda, que serán executadas pola Consellería de Educación,
esta última cun orzamento de máis dun millón de euros.A Xunta de Goberno
deu luz verde tamén á prórroga do contrato para a xestión do servizo de
axuda a domicilio durante un período de dous anos e cunha aplicación
orzamentaria de de 2.005.560 euros.Por outra banda, o órgano colexiado
acordou designar ao concelleiro de Educación, Cultura e Memoria
Histórica, Jesús Javier Celemín Santos, representante no Consello Social
da Universidade da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario