SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Desde as 07.00 horas do 4 de xullo até as 09.30 horas do 5 de xullo del 2019
CONTROL PREVENTIVO DISUASORIO DE ESTABLECEMENTO PÚBLICO
Hoxe, 5 de xullo, entre as 08.00 e as 09.20 horas, efectuouse un control preventivodisuasorioprogramado de seguridade cidadá e de control de normas de funcionamento
no café bar "La Tata", situado no número 16 da rúa Orzán. Trátase dun establecemento
que funciona como "After Hours".
En total presentáronse: 10 denuncias a 10 clientes, 3 denuncias aos responsables do
local e 3 denuncias ao titular da licenza de actividade.
No operativo participaron un total de 14 policías da Unida de Distritos Diúrna: 1
inspector, 3 oficiais e 10 policías das Seccións de Motos, Medio Ambiente, patrullas 092 e
Patrulla Planificada.
Resultados desagregados:
• 9 actas-denuncia por tenencia de drogas a clientes do local: cocaína, marihuana e
haxix. Tramítase denuncia aos seus posuidores (9 clientes) por infraccións á Lei
Orgánica 4/2015, de protección da seguridade cidadá.
• 1 acta-denuncia e incautación dunha defensa extensible de aceiro: denunciado o
porteiro do local por posuír unha arma prohibida a particulares. Denúnciaselle por
infrinxir á Lei Orgánica 4/2015, de protección da seguridade cidadá.
• 1 acta-denuncia e incautación dun emisor de descargas eléctricas (pistola
eléctrica): denunciado o camareiro do local por posuír unha arma prohibida a
particulares. Denúnciaselle por infracción á Lei Orgánica 4/2015, de protección da
seguridade cidadá.
• 1 acta-denuncia por infracción á Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas
sanitarias fronte o tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o
consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (Lei anti-tabaco) a un cliente que
estaba a fumar no seu interior, estando prohibido pola citada Lei.
• 1 denuncia por exceso de aforo do local: ten autorizadas 24 persoas e había 44
no seu interior. Tramítase denuncia por infrinxir a normativa autonómica e
municipal reguladora dos aforos de establecementos públicos.
• 2 denuncias por ter unha persoa e por exercer no exterior a actividade de
"controlador de accesos" sen a correspondente habilitación da Xunta de Galicia.
Denúnciase ao local e tamén ao controlador.
• 1 denuncia ao titular do establecemento por emitir música dunha canle musical a
través dun computador, estando prohibido pola normativa municipal. Tramítase
denuncia ao titular da licenza por infrinxir a Ordenanza municipal de protección
contra a contaminación acústica.
CONTROIS PREVENTIVOS DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA
- Ás 04.20 horas do 5 de xullo, unha dotación deu o alto a un vehículo na rúa Fernando
Rey, cuxo condutor, un home de 52 anos, arroxou uns resultados positivos (0,29 E 0,29
mg/l) polo que podería ser sancionado con 1.000 € e coa retirada de 6 puntos do
permiso de conducir. Do vehículo que conducía, un Seat Toledo, fíxose cargo unha
coñecida do condutor con permiso de condución e en condicións normais.
- Ás 21.00 horas do 4 de xullo, produciuse un accidente da clase “contra obstáculo fixo”,
á altura do número 192 da Rolda de Outeiro, cando un turismo conducido por un home
de 48 anos, chocou contra un Seat Ibiza estacionado. O condutor arroxou uns resultados
positivoa nas probas ás que foi sometido (1,11 e 1,09 mg/l) case quintuplicando a taxa
máxima permitida, motivo polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de garda,
como autor dun delito contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos do alcol e
estar implicado nun accidente de circulación. O vehículo, da marca e modelo Opel Zafira,
foi inmobilizado e retirado por un guindastre ao depósito municipal de vehículos como
medida cautelar de seguridade viaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario