Traductor

miércoles, 10 de julio de 2019

XVIII Congreso Internacional Mundos Dixitais


Inés Rey asegura que Mundos Dixitais será parte da Cidade das Tics que construirá o Goberno local

A alcaldesa acudiu á presentación do XVIII Congreso Internacional Mundos Dixitais, onde terán  lugar desde mañá en Palexco charlas,talleres e encontros cos máximos referentes do sector da animación. 



A Coruña, 10 de xullo de 2019.- A alcaldesa Inés Rey asistiu esta mañá ao acto de apertura da décimo oitava edición do Congreso Internacional Mundos Dixitais, na que se ofrecerán desde mañá ata o sábado en Palexco un programa de conferencias, talleres e encontros coas primeiras espadas da animación. Para a rexidora, o evento será parte, sen dúbida, da Cidade das Tics que construirá o
Goberno local porque o sector animado é “parte do noso presente, pero ten que ser parte importante da Coruña do futuro”. 

Rey destacou a oportunidade que teñen os coruñeses estos días para coñecer ao detalle as grandes producións que están nas carteleiras e que teñen unha gran presenza de profesionais da cidade como é o caso de “El Parque Mágico”, de Paramount Pictures Animation, que lle pon imaxe a esta nova entrega, e que conta con 30 galegos formados na Coruña, das que cinco son supervisores. 

É obxectivo do Concello facer unha cidade referente nas tecnoloxías e na innovación como xa o é Mundos Dixitais de cara a aplicalo ao mundo audiovisual e textil, “motor económico da nosa comarca”. 
Rey insistiu na presentación que a cita serve como punto de encontro  entre os veteranos, que verten a súa experiencia, e a xente que comeza a dar os primeiros pasos e que pode chegar a formar parte de futuros proxectos grazas a Mundos

Dixitais. 

Pola súa parte, o director do congreso, Manuel Meijide, sinalou que se trata da edicións máis ambiciosa, onde se sumarán a Realidade Aumentada para Broadcast e a Realidade Mixta aos contidos xa habituais de animación e videoxogos e falou de que se presentarán os proxectos máis importantes do ano como son “Dumbo”,

“Hellboy” ou a gañadora dun Oscar á mellor película de animación “Spiderman”. 

O responsable explicou que isto é posible polos preto de cen colaboradores que fan que hoxe sexa o proxecto máis importante desde España para todo o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario