Debido ao bloqueo dos Orzamentos 2019, os fondos destinados á
Renda Social non son suficientes.
Advertímolo antes da investidura, e poñémonos unha vez máis a
disposición do PSOE da Coruña para resolvelo.
O grupo municipal da Marea Atlántica denuncia que, durante o
verán, estanse a producir atrasos no abono da mensualidade da Renda
Social Municipal correspondente ao mes de agosto . Do mesmo xeito, acumúlanse ata dous meses de impago no caso
das novas prestacións concedidas. Unha espera difícil de tolerar para as
persoas en risco de exclusión.
Esta situación foi provocada polo PP e o PSOE da Coruña,
cando votaron en contra dos Orzamentos 2019 no mes de febreiro, e impediron,
entre outras cousas, incrementar os fondos necesarios para atender todas as
solicitudes da Renda Social Municipal. No 2018 chegou a haber 304 prestacións
activas simultaneamente, polo que o goberno anterior apostou por un incremento
das partidas orzamentarias, que desapareceu cando os votos da oposición
obrigaron a prorrogar as contas de 2018.
Así, o bloqueo dos orzamentos tivo consecuencias que poden
medirse con nclaridade: dos 1,6 millóns que se estimaban necesarios necesarios
para a Renda Social no 2019, baixouse a 1.028.393,84 € nas contas prorrogadas, unha redución do 35%. En
situación similar se atopan as axudas de emerxencia, que
deberan ter 1,1 millóns de euros reservados, pero quedaron en 804.000 €, un 20 %
menos.
Esta situación é
coñecida polo novo goberno municipal, mesmo desde antes da investidura. xa
que foi un dos puntos do acordo para o inicio de mandato que asinamos en xuño
co PSOE da Coruña, e constaba no informe do traspaso de poderes do 7 de xuño.
En ambos casos, advertimos da necesidade de recuperar os Orzamentos 2019 ou, no
seu caso, de aprobar modificativos de crédito para facer fronte ás obrigas do
Concello. A día de hoxe, tres meses despois, non houbo avances.
Man tendida para resolver o problema
Desde o grupo municipal da Marea Atlántica temos a man
tendida para resolver esta situación, e
lembrámoslle ao PSOE da Coruña que pode contar cos nosos votos para dotar
ás axudas sociais dos fondos necesarios, ben a través da aprobación duns
orzamentos iniciais, ben mediante o modificativo de crédito. Os fogares en
situación de vulnerabilidade social non poden agardar máis tempo.
En todo caso, o grupo municipal da Marea Atlántica rexistrará
unha pregunta para coñecer cando pensa o goberno municipal da Coruña asumir
este modificativo urxente, así como o número de días de demora nos pagos e o
número de persoas afectadas polos atrasos

No hay comentarios:
Publicar un comentario