As obras da glorieta de Ramón y Cajal con
Pérez-Ardá comezarán en setembro
O Concello coordinará os traballos de demolición e pavimentación
da calzada cos principais afectados, como son a estación de autobuses, o
colectivo de taxis, os responsables do centro comercial e os do aparcadoiro da
praza do Tebeo, entre outros
A
Coruña, 31 de agosto de 2019.-
O día 9 de setembro está previsto que comecen as obras de
remodelación dos cruzamentos das rúas Salgado Torres, Fernández Latorre, Ramón
y Cajal e Alcalde Pérez-Ardá, onde se construirá unha glorieta. Os
traballos de demolicións e
pavimentacións desta realizaranse en tres fases. Na primeira delas, o Concello
cortará o tráfico polo túnel de Salgado Torres, que quedará como de entrada e
saída de obra, e habilitará un carril por Pérez- Ardá, ao quedar inutilizado o
sentido que vén de Fernández Latorre e conecta con esta rúa. Poderase tamén
acceder a Ramón y Cajal desde Pérez- Ardá.
No segundo tramo, quedará cortada a rúa Ramón y
Cajal en ambos os sentidos desde a avenida de Oza, agás para particulares con
garaxes e autobuses e taxis que vaian en dirección á avenida do Exército e á
rúa Alcalde Marchesi. Por outro lado, o túnel de Salgado Torres volverá a ser
transitable desde Pérez-Ardá, rúa pola que se poderá circular en ambos os dous
carrís.
Xa na terceira fase, permitiranse todas as rutas e
a rotonda estará operativa aínda que provisional e cun único carril. Desde a
Concellería de Infraestruturas coordinarán as obras con todos os diferentes
operadores e afectados que traballan na zona, como son a estación de autobuses,
o colectivo de taxis, o centro comercial ou o aparcadoiro da praza do Tebeo,
entre outros. Ademais, os cambios principais faranse de noite para evitar
incidencias de tráfico. Estímase que a duración de cada fase será de
aproximadamente un mes.
Desde finais de maio ata agora, executáronse actuacións
previas á demolición da calzada como foi a instalación de canalizacións de
pluviais e para o cableado da iluminación e semáforos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario