O Concello negociará co
resto de forzas políticas a incorporación nos orzamentos da reforma dos campos
de fútbol da Torre
A
alcaldesa, Inés Rey, reuniuse co presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e confía en
chegar a acordos para incorporar nas contas do 2020 a cuberta das bancadas dos
campos de fútbol de San Pedro de Visma.
A Coruña, 19 de agosto de 2019.-
A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse co presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael
Louzán. A reunión, que se enmarca dentro da rolda de encontros que a rexedora
está a manter con entidades da cidade, serviu para establecer as liñas de
colaboración entre o concello e a Federación para mellorar os campos de fútbol
da cidade e para determinar futuros investimentos nas instalacións deportivas
demandas polos clubs de fútbol.
A rexedora aseguroulles ás persoas representantes da
Federación que o concello acometerá a remodelación da Cidade Deportiva da Torre
coa renovación do céspede en catro dos cinco campos da Torre, xunto coa
instalación de rega automática nas zonas verdes, rehabilitación sistema de rega
dos campos de fútbol, e a reparación dos vestiarios 2 e 3. A actuación formará
parte do plan de mellora e mantemento das instalacións deportivas que a
Concellería de Deportes quere poñer en marcha ao longo do próximo ano, e que se
negociará a partir de septembro co resto das forzas políticas.
“En principio -dixo
o edil de Deportes-, a previsión é incluír estes traballos no documento
orzamentario que se está redactando nestes momentos”. Con todo, non descarta
que as ditas obras se liciten antes.
Durante a reunión, falouse tamén das
melloras pendentes nos campos fútbol de San Pedro de Visma. Nesta liña, o concelleiro
de Deportes, Juan Ignacio Borrego, asegurou que a intención do Goberno
local era a de incluír a cuberta das bancadas destes campos no documento
orzamentario que están elaborando na Concellería de Deportes, pendente tamén da
negociación co resto de grupos políticos.
A falta de instalacións, outro dos asuntos que preocupa os
representantes da Federación, tamén se puxo sobre a mesa. Á Federación
preocúpalle a falta de espazos para practicar deporte, neste caso fútbol. Neste
sentido, a alcaldesa, que estivo acompañada do edil de Deportes, asegurou que
unha das prioridades do concello é dotar
de maiores infraestruturas as entidades deportivas da cidade e ofrecerlles máis
recursos aos clubs.
Por outra banda, a intención tanto do Goberno local como da
federación é que as obras de mellora dos campos e instalacións permitan
organizar distintos eventos de carácter nacional na cidade. “Desde a
concellería apostamos por xerar todo tipo de grandes eventos deportivos”,
sinalou Borrego.
A alcaldesa manifestou a boa sintonía co presidente da
Federación e ambos cualificaron a reunión de “moi positiva”. O presidente da
Federación explicoulle á rexedora as liñas de actuación da entidade e as
principais preocupacións e demandas dos clubs de fútbol da cidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario