XIII Torneo Cidade de A Coruña Tenis de Mesa – I Memorial Alfonso Carbajales
Data e local de xogo
O Torneo Cidade de A Coruña de Tenis de Mesa disputarase no polideportivo do Club do Mar de San Amaro, os días 7 e 8 de setembro de 2019.
Horarios
Sábado de 09:30 a 21:00 horas
Domingo de 09:30 a 21:00 horas
Prazo de Inscrición
Ata o mércores, 28 de agosto do 2019, ás 23:00 h.
Procedemento de inscrición
A inscrición é de balde, debendo formalizarse antes do día 28 de agosto ás 23:00 h. Os clubes afiliados á Federación Galega deberán empregar o novo sistema de inscripción. Os restantes clubes españois e estranxeiros formalizarán a súa inscrición enviando un correo electrónico á dirección comiteranking@fgtm.es. Ó non estar afiliados a FGTM, deberán facilitar nome e apelidos, data de nacemento, nº de licenza, club ó que pertencen e categoría na que queren participar. Non se permitirá a inscrición no mesmo día en máis dunha categoría.
Todos os xogadores inscritos deben estar en posesión da licenza federativa.
Categorías
• Prebenxamín masculino e feminino anos 2011 - posteriores
• Benxamín masculino e feminino anos 2009 - 2010
• Alevín masculino e feminino anos 2007 - 2008
• Infantil masculino e feminino anos 2005 – 2006
• Xuvenil masculino e feme¡inino anos 2002 – 2004
• Sub 23 masculino e feminino anos 1997 - 2001
• Sénior masculino e feminino anos 1981 - 1996
• Veteranas +40 feminino anos 1980 – anteriores.
• Veteranos +40 masculino anos 1971 – 1980.
• Veteranos +50 masculino anos 1961 – 1970.
• Veteranos +60 masculino anos 1956 – 1960.
• Veteranos +65 masculino anos 1955 – anteriores.
• Absoluta masculina e feminina calqueira idade
As categorías poderán ser susceptibles de cambios en función das inscricións.
Formato de competición
En todas as categorias haberá duas fases. A primeira será por grupos pasando os clasificados a unha segunda eliminatória que sería directa.
Arbitraxes
Os partidos da 1ª Fase serán arbitrados polos propios xogadores. Na 2ª fase arbitrarán xogadores que foron quedando eliminados en quendas anteriores.
Premios
Trofeo para os dous primeiros de cada categoría.
Premios en metálico:
Campeón Absoluto masculino 150 euros.
Campeón Absoluto feminino 150 euros.
Inscripciones
https://www.fgtm.es/competicion/circuito-galego/circuito-galego-torneos/item/1411-xiii-torneo-ciudad-de-a-coruna

No hay comentarios:
Publicar un comentario