Inés
Rey salienta o compromiso do Concello co baloncesto e o deporte de base
A alcaldesa e os representantes do Club Básquet Coruña tiveron
esta mañá unha primeira toma de contacto en María Pita
A Coruña, 6 de setembro de 2019.-
A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego,
reuníronse esta mañá co presidente do Club Básquet Coruña, Roberto Cibeira
Moreiras, e o vicepresidente, Juan Carlos Fernández Ferreiro. Nesta primeira
toma de contacto, os responsables do club informaron da situación dun dos tres
equipos de baloncesto que máis traballa o deporte base no Estado, con preto de
700 nenas e nenos inscritos nas súas escolas e equipos federados. Por outra
parte, falaron das aspiracións firmes que teñen este ano na entidade para que o
equipo profesional pase da Liga Adecco LEB á ACB nunha etapa “ilusionante” como
Sociedade Anónima Deportiva.
A rexedora confirmou a implicación do
Goberno local por coidar a canteira nunha cidade á que pretenden dotar de máis
instalacións coa construción dunha cidade deportiva e a mellora das existentes.
Neste aspecto, os representantes explicaron que, a día de hoxe, usan 16
infraestruturas, pero que precisan máis espazo, xa que na actualidade teñen 45
cativas e cativos en lista de espera.

No hay comentarios:
Publicar un comentario