O Concello aposta pola
educación como o mellor aliado para concienciar sobre a necesidade de coidar o
medio ambiente
O
edil de Cultura, Jesús Celemín, acudiu esta mañá á presentación da exposición
“Un océano de arte” que o fotógrafo Cristóbal Serrano lle cedeu en exclusiva ao
Festival Mar de Mares que se realiza estes días na cidade
A Coruña, 18 de setembro de 2019.-
O concelleiro de Cultura e Educación acudiu esta mañá á presentación da
exposición "Un océano de arte", do prestixioso fotógrafo Cristóbal
Serrano, que desde hoxe e ata o 20 de outubro poderá visitarse na Dársena da
Mariña. A mostra foi inaugurada cunha visita guiada polas 20 imaxes inéditas
sobre os océanos que o autor lle cedeu en exclusiva ao Festival Mar de Mares.
O acto, que contou coa presenza do fotógrafo e das
codirectoras de Mar de Mares, Silvia Oviaño e Mercedes Carballo, serviulle ao
concelleiro para insistir na idea de que a educación é “o mellor aliado na
defensa do medio ambiente”. O Goberno local, asegurou o concelleiro, aposta
pola educación “como motor de cambio, como eixe das políticas ambientais”.
É necesario, asegurou, impulsar unha educación
ambiental que seduza a mocidade e lle ensine a coidar a “nosa casa” con
pequenos e grandes xestos, e “os concellos temos moito que facer”, apostilou o
edil, que resaltou a obriga dos gobernos de traballar desde o ámbito local “con
políticas ambientais innovadoras que involucren a toda a cidadanía”.
No acto de presentación da mostra, e edil tamén
valorou o labor da organización na posta en marcha dun programa de actividades
deseñadas para poñer o foco na beleza dos océanos e, ao mesto tempo, comprometidas
coa preservación do medio ambiente. “Mar de Mares é un espazo vivo onde se
atopan a arte, a ciencia, a educación e o lecer cun único obxectivo: preservar
os noso planeta”,
Durante o percorrido pola Dársena, o responsable de
Educación manifestou a satisfacción de que A Coruña acolla a obra dun artista
coma Cristóbal Serrano. A súa obra, dixo, resulta inspiradora polo modo que ten
de plasmar nas súas fotografías a arte oculta na natureza, “de facernos ver o
mar como un auténtico contedor de arte”. As súas imaxes, sinalou, permítennos
mergullarnos na beleza da natureza e, ao mesmo tempo, transmítennos a
necesidade de conservar o noso planeta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario