O Teatro Rosalía ábrelle as
súas portas á obra “Adiós Arturo” da compañía teatral “La
Cubana”
A
compañía, que acaba de cumprir 40 anos sobre os escenarios, representará a súa
última obra na Coruña desde mañá ata o domingo
A Coruña, 18 de setembro de 2019.- O concelleiro de Educación e
Cultura, Jesús Celemín, asistiu esta mañá á presentación da obra
teatral “Adiós Arturo” da compañía “La Cubana” nas inmediacións do Teatro
Rosalía (A Mariña), onde estarán representando a súa última obra desde mañá ata
o domingo.
Na presentación, o concelleiro animou a todas as
coruñesas e coruñeses a ver esta exitosa obra que xa leva 30 cidades visitadas
no seu ano de vida. “Adiós Arturo” ten como protagonista a un coruñés de
nacemento, un vínculo que, sen dúbida, fará que o público coñeza o verdadeiro
guión da vida de Arturo Cirera Mompou: escritor, pintor, escultor,
coleccionista de arte, poeta, compositor musical, dramaturgo, actor e director
coruñés.
Celemín deu paso á intervención de Jordi Milán,
director da compañía “La Cubana” e tamén escritor e director da obra teatral
que interpretan 10 actrices e actores. Milán agradeceu volver estar na Coruña
despois de 12 anos desde a súa última visita.
Despois da Coruña, a obra visitará Vigo e
posteriormente fará tempada en Madrid, para rematar finalmente a xira en Barcelona
a finais do 2020.

No hay comentarios:
Publicar un comentario