A
sala Plataforma 14 inaugura a exposición
“Observatorio
do instante” no Fórum Metropolitano
A mostra, que recolle os traballos da
artista coruñesa Lidia Carrión, poderá verse ata o 30 de setembro
A Coruña, 6 de
setembro de 2019.- A exposición está formada por 14 lenzos de técnica mixta
de diferentes tamaños, un rolo de lenzo sen enmarcar e sen bastidor, un rolo de
papel realizado na rúa con bosquexos de tinta chinesa e 8 bosquexos de figura
humana a lapis.
A artista parte da pintura impresionista e da mirada
flâneur modernista para tratar de reflectir o intre dentro dun contexto urbano.
Válese da captación do movemento das persoas viandantes a través de liñas
expresivas realizadas con tinta chinesa para plasmalo no soporte artístico como
se fose unha fotografía instantánea.
A exposición “Observatorio do instante” inaugúrase hoxe ás
19.00 horas e estará aberta ata o 30 deste mes. No acto de presentación, a
artista realizará unha performance na que fará un gran debuxo sobre soporte de
lenzo que formará parte da mostra.
O Concello mostra o seu compromiso coas traballadoras e
traballadores e a industria da cidade nunha reunión con Comisións Obreiras
· Inés Rey recordou que “o Goberno municipal atende a
escoita as diferentes seccións sindicais e ademais está do lado do persoal
traballador, neste caso da industria, que está nunha situación delicada e que
estamos intentando resolver entre todas e todos”
· CCOO valorou este primer encontro institucional como moi
positivo e produtivo
A Coruña, 6 de setembro
de 2019.- A
alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá no concello co secretario xeral de
Comisións Obreiras na Coruña, Cristóbal González, no que foi unha primeira toma
de contacto de carácter institucional. Rey asegurou que neste encontro, de
carácter xeral, abordaron moitos temas como “os relativos a CCOO, ás súas
demandas e tamén temas importantes de cidade: principais cuestións de empresas,
concesións municipais, estabilidade das traballadoras e traballadores, Isowat e
a creación da área metropolitana, entre outros”.
A
rexedora tamén recordou que “o Goberno municipal atende a escoita as diferentes
seccións sindicais e ademais está do lado do persoal traballador, neste caso da
industria, que está nunha situación delicada e que estamos intentando resolver
entre todas e todos”.
A
sección sindical ofreceu a súa experiencia e o seu compromiso para colaborar co
Concello e “buscar o restablecemento dun canal permanente de traballo para que,
na medida do posible, o Concello e CCOO poidamos alcanzar neste mandato os
obxectivos necesarios”. Por outro lado, tamén abordaron cuestións máis
inmediatas que, aseguraron, resolverán con cada área en cuestión. En
definitiva, valoraron a reunión como “positiva e moi produtiva”.


No hay comentarios:
Publicar un comentario