Traductor

domingo, 8 de septiembre de 2019

Fórum y Carlos Saura


Villoslada no Fórum: “Para nós o peón é o principal elemento de protección”  




O edil de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, anunciou que o Goberno local pretende ampliar a zona semipeonil da Mariña ao Obelisco e praza de Mina.

Villoslada asistiu esta mañá á inauguración da exposición de Stop
Accidentes “Peón, non atraveses a túa vida”

A Coruña, 6 de setembro de 2019.- O edil de Urbanismo, Infraestruturas e
Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, asegurou esta mañá que “para o Goberno local o peón é o elemento principal de protección nas vías da cidade”. A partir de aí sinalou, o reto é ordenar as calzadas para que cada medio de transporte circule pola vía adecuada.
O edil de Urbanismo que o goberno local estuda un proxecto para ampliar a zona semipeonil da mariña ao Obelisco e a praza de Mina. A actuación permitiría o paso de autobuses e taxis, pero a área dos Cantóns sería utilizado principalmente polos peóns. Trátase, explicou, de continuar coa humanización da Mariña, seguramente en dúas fases distintas. A intención é “incluír unha primeira partida orzamentaria nas contas do 2020”.

O concelleiro asistiu esta mañá no Fórum Metrpolitano á inauguración da exposición itinerante “Peón, non atraveses a túa vida” que organiza Stop Accidentes. La muestra sirve de preámbulo á Semana Europea da Mobilidade 2019, que este ano se celebra baixo o lema “Camiña con nosco” do 16 ao 22 de setembro co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre as consecuencias que ten o uso irracional do coche na cidade.

No acto, Villoslada encomiou o labor que realiza a entidade Stop Accidentes e reafirmou o compromiso do executivo de Inés Rey coas melloras da mobilidade na cidade a través do plan que se está a redactar.

A mostra, que recolle as mellores imaxes da edición de 2016, busca impulsar, a través da fotografía, a seguridade viaria e xerar, ao mesmo tempo, un espazo de reflexión. 


Carlos Saura asina no Libro de Ouro do Concello 




A alcaldesa Inés Rey asegura días antes da presentación no Colón da súa versión de “Don Giovanni” que “é un orgullo recibilo polo que representa e por todo o que é”
A Coruña, 6 de setembro de 2019.- O cineasta Carlos Saura visitou esta mañá o concello, onde o recibiu a alcaldesa Inés Rey para faceren un percorrido polo interior do edificio e asinar no Libro de Ouro. O director, que está a piques de presentar os vindeiros días 13 e 15 de setembro a súa versión da ópera “Don Giovanni”, de W. A. Mozart, no teatro Colón, dentro da Programación Lírica de Amigos da Ópera da Coruña, sinalou estar encantado na cidade, “é preciosa, ademais veño todos os días a pasear por esta praza de María Pita”. 
Saura contou tamén que están ultimando a peza lírica e que espera volver outra vez porque “todo o mundo é moi amable”. Non quixo adiar nada sobre o que se vai poder ver na Coruña porque pasa igual que coas películas, non se deben contar, “iso é un erro”, explicou. 
Pola súa parte, Inés Rey dixo que era un orgullo recibilo “polo que representa e por todo o que é” e que por iso, a súa sinatura non podía faltar no volume municipal: “Fixemos un percorrido polo pazo que é a súa casa e estamos desexando ver a estrea da ópera”, comentou a rexedora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario