Traductor

jueves, 17 de octubre de 2019

Aeroporto de Alvedro - mellora progresiva das liñas do transporte urbano - Urbanismo reuniuse co director do IGVS


O Goberno local augura que o Aeroporto de
Alvedro logrará este ano o récord en número de pasaxeiros da súa historia
 



O pasado mes foi o mellor mes de setembro na historia do aeroporto, sumándose ao mellor agosto

A estas alturas do ano o dato interanual de tráfico de viaxeiros xa supera os 1,3 millóns e se prevé que, se pecha así o ano, sería o dato anual xamais alcanzado

A Coruña, 16 de outubro de 2019.- Desde o Concello da Coruña confírmase a consolidación no crecemento do aeroporto de Alvedro tras acumular cifras positivas durante 41 meses consecutivos. “Constátase o crecemento en todas as rutas e en todas as compañías”, asegura a alcaldesa Inés Rey.

Ademáis de elevar as súas cifras, o aeroporto coruñés conseguiu o pasado mes de setembro o récord en número de viaxeiros, sendo o mellor mes de setembro da historia do aeródromo. A esta marca hai que engadir o mellor mes de agosto e tamén o mellor dato nun mes en tráfico de pasaxeiros que foi xullo de 2019.

Por outra banda, estas alturas do ano o dato interanual de tráfico de viaxeiros xa supera os 1,3 millóns e se prevé que, se pecha así o ano, sería o dato anual xamais alcanzado en tráfico de pasaxeiros na Coruña.

Aínda así, o Concello da Coruña traballa por mellorar a conectividade e o crecemento das rutas nacionais, así como o aumento da carteira de destinos internacionais para optimizar a competitividade do aeroporto e, polo tanto, do destino. 

Nos últimos anos Alvedro foi o aeroporto galego que máis creceu. Os datos de AENA reflicten que durante o pasado ano utilizaron a terminal máis de 1.225.763 persoas, o que supón un aumento do 7,4% frente aos datos de 2017. A anterior mellor marca estaba no ano 2007 con 1.266.763 pasaxeiros.




Villoslada: “Imos levar a cabo unha mellora progresiva das liñas empezando polas máis ineficientes”

O concelleiro socialista asegura que a ferramenta fundamental para levar a cabo os cambios nesta materia será a Mesa da Mobilidade

A Coruña, 16 de outubro de 2019.- O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz  Villoslada, aclarou esta mañá que a reestruturación das liñas do transporte urbano é unha prioridade para o executivo local, pero farase de forma progresiva,
“empezando polas máis ineficientes”. Entende que estes cambios non poden ser froito da improvisación e que deben atender a estudos rigorosos que finalmente se establezan na futura Mesa da Mobilidade que pensa poñer en marcha proximamente. “O que non imos facer  é un cambio radical das liñas que poña patas para arriba a cidade, senón unha mellora progresiva de liñas. Queremos superar un esquema que ás veces foi excesivamente radial da articulación de liñas e por tanto é clave o compromiso da Xunta cun verdadeiro transporte metropolitano”.

O responsable do executivo en materia de mobilidade indicou que a constitución da Mesa da Mobilidade será a ferramenta fundamental para mellorar as políticas de mobilidade co maior consenso e rigor técnico. Sinalou que na mesa haberá participación dos grupos políticos municipais, e espera deles o seu compromiso para solucionar problemas. 

O concelleiro entende que o aumento das conexións das liñas urbanas da cidade cos concellos limítrofes é unha estratexia que “deberemos intensificar”, apuntou  Villoslada, en referencia á liña 24, a de Santa Cristina ou á liña 6, que se está abordando con Arteixo. 




Villoslada acorda coa Xunta declarar unha área Rexurbe no casco histórico da cidade

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá co director do IGVS para tratar diversas actuacións de
interese municipal en materia de vivenda


A Coruña, 16 de outubro de 2019.- O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, anunciou que o Concello colaborará coa Xunta co obxectivo de declarar unha área Rexurbe no conxunto histórico da cidade. Este foi un dos principais temas que se trataron no encontro celebrado esta mañá entre o edil de Urbanismo e o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, no que tamén estiveron presentes a directora da área de Urbanismo, María Hernández, e persoal técnico da concellería.

A figura das áreas Rexurbe foi creada pola nova Lei de Rehabilitación e serán declaradas, previa solicitude dos concellos, en núcleos históricos catalogados como BIC que se atopen especialmente degradados, ou outros que pola súa singularidade e o seu deterioro precisen dunha especial actuación. A través destas áreas realizaranse actuacións de rehabilitación ao mesmo tempo que se articulen medidas sociais, ambientais e económicas enmarcadas nunha estratexia administrativa global, unitaria e integral.

Así mesmo tamén se deu coñecemento por parte do IGVS do seu programa de vivendas baleiras para aluguer comprometiéndose o Goberno municipal a estudar a inclusión da cidade no devandito programa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario