A Marea Atlántica demanda ao
goberno municipal unha solución para os centos de
denegacións na convocatoria das
bolsas comedor
“É inadmisible que pasemos de 1.600 axudas concedidas a 1.200 os
gobernos están para resolver problemas, non para crealos”, asegura Silvia
Cameán
Convocaremos a Comisión de Transparencia para atallar os
problemas que a oposición está a ter no acceso á información relacionada co
labor de goberno
A concelleira Silvia Cameán, presidenta da Comisión
de Benestar Social, demanda unha solución para os centos de bolsas comedor
denegadas no presente curso por problemas coa documentación presentada: “É
inadmisible que pasemos de 1.600 axudas concedidas en 2018 a 1.200 este ano,
triplicando as solicitudes denegadas. Os gobernos están para resolver
problemas, non para crealos”.
Polo tanto, instamos ao goberno municipal a reunirse
urxentemente con Intervención para poñer en marcha un remedio, especialmente no
caso das familias en situación de vulnerabilidade social, para o que poden contar
con toda a colaboración da Marea Atlántica. Ademais, é preciso informar ás
familias afectadas e á Federación de ANPAS sobre as vías para resolver a
situación.
Os límites burocráticos non poden ser límites aos dereitos
Cameán afirmou que “se están a tramitar as bolsas
comedor coma subvencións en lugar de como as axudas sociais que son, e como tal
figuran no Orzamento” e lembra que o ano pasado, coas mesmas bases na
convocatoria das bolsas e a mesma lexislación fomos que de resolver os
problemas. “Os limites burocráticos non poden ser limites aos dereitos, se non,
o é que hai polo menos 400 nenas e nenos que poden quedar sen esta axuda que
precisan para garantir unha correcta alimentación”, engade a Concelleira.
En 2015, o último ano no que o PP foi responsable da
convocatoria das bolsas comedor, concedéronse 955 axudas. En 2018, o goberno da
Marea Atlántica elevou esta cifra a 1.641, case o dobre, logo dun aumento
progresivo (998 en 2016 e 1.560 en 2017). Segundo trasladan os medios de
comunicación, o 43% das denegacións débense a problemas na presentación de
documentación, unha porcentaxe altísima en comparación con anos
anteriores.
Por iso non pode consentirse esta brusca caída nunha
prestación social coa que moitas familia precisan, xa que a súa situación non
mellorou de súpeto dun ano para outro. “Se un goberno ten a protección da
infancia como prioridade non pode fallar deste xeito”, asegura Silvia Cameán.
Comisión de Transparencia
Por outra banda, o concelleiro Iago Martínez,
presidente da Comisión de Transparencia, anunciou que a convocará á maior
brevidade posible ante as queixas do grupo municipal de Ciudadanos polas trabas
que está a padecer para acceder a expedientes, e ante o propio malestar do noso
grupo municipal, que recibiu respostas vagas e incompletas ás preguntas de
resposta escrita presentadas no Pleno ordinario do mes de setembro. “En ambos
casos, estanse a incumprir os dereitos que o Regulamento Orgánico Municipal lle
confire á oposición, un mal síntoma que convén atallar decontado”, declarou
Martínez.
Nos vindeiros días, o presidente da comisión
contactará con todos os grupos municipais para acadar o maior consenso posible
sobre os mínimos que cómpre esixirlle ao goberno municipal en materia de
transparencia e rendición de contas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario