Avia Veira: “Feixoo non cre nesta cidade”
A Coruña, a 21 de outubro de 2019. O BNG e a Marea Atlántica van solicitar conxuntamente a convocatoria dun pleno extraordinario do concello sobre os orzamentos da Xunta para 2020.
Así o anunciaron este luns nunha comparecencia conxunta as concelleiras Avia Veira (BNG) e María García (Marea Atlántica).
“Non son uns orzamentos á altura da cidade da Coruña. Parece que Feixoo non cre na Coruña e por iso entendemos que o pleno do concello ten que se posicionar e ten que facer propostas de emendas para corrixir estas contas e poñelas en sintonía coas necesidades e demandas das coruñesas e coruñeses”, dixo Avia Veira.
A concelleira nacionalista puxo en destaque que a proposta de orzamentos apenas contempla partidas para combater a desindustrialización que sofre A Coruña. “O investimento que se prevé en industria na nosa comarca nen sequera é na cidade”, acotou Veira.
En materia de investimento en ensino os orzamentos tampouco dan respostas ás recentes mobilizacións de nais e pais para esixir dotación de profesorado de apoio nos centros públicos. As partidas neste capítulo son “absolutamente insuficientes”. “Acabamos de ver como se inundaba o instituto de Monelos e os orzamentos para a reforma das infraestruturas dos centros públicos son moi cativos”, di.
“Volvemos ver”, engadiu xa en relación á sanidade, “como se continúa sen recoller unha partida para o centro de saúde de Santa Lucía. Volvemos ver como o que se destina ao CHUAC non chega para as súas necesidades. Non se tocan cuestións relativas ao persoal que se necesita nos centros sanitarios, nos Centros de Orientación Familiar do Ventorrillo e Orillamar ou no Hospital Materno Infantil”.
De irrisorio. Así cualificou a concelleira nacionalista o orzamento encamiñado á vivenda. “Levamos desde 2009, toda a era do señor Feixoo, sen investimentos en vivenda, e agora, casualmente en ano electoral”, ironizou, “anuncia cinco millóns de euros”.
“Parécennos”, recapitulou, “unha tomadura de pelo estes orzamentos”. “Por non falar de que o principal investimento na nosa cidade o vaia realizar unha entidade privada”, dixo en alusión á Fundación Amancio Ortega.
O BNG CUALIFICA DE "DECEPCIONANTES E MARCADAMENTE INSUFICIENTES" OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA A CORUÑA
"A propaganda de Feixoo vende os orzamentos como expansivos. Na Coruña non o son en absoluto"
O
proxecto de Orzamentos 2020 da Xunta son, no que ten a ver coa A
Coruña, "decepcionantes e marcadamente insuficientes", avaliou este
sábado o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera, nunha
valoración de urxencia das contas do goberno galego que o Bloque
completará nos próximos días após unha análise máis demorada.
"Este
non é o orzamento que precisa a cidade. Vira as costas ás necesidades
básicas da Coruña e é nulo á hora de dinamizar a economía e criar
emprego", considera Jorquera. "Cun claro cheiro electoral Feixoo
anunciou que os orzamentos ían ser expansivos. Ben, en relación á Coruña
non o son en absoluto".
Boa proba da falta de
impulso orzamentario atopámola no feito de que, avalía Jorquera, "o
maior investimentoj contemplado na Coruña corre a cargo dunha entidade
privada", dixo en alusión á Fundación Amancio Ortega.
Por
capítulos, Jorquera xulga como moi cativa a partida orzamentaria
destinada pola Xunta en materia de sanidade. "Apenas hai dous millóns de
euros para atender as necesidades dos distintos edificios que integran o
CHUAC", afirma. O portavoz nacionalista salienta que a práctica
totalidade de centros sanitarios da cidade precisan melloras no seu
equipamento e o reforzamento do seu cadro de persoal.
A
mesma insuficiencia de recursos advírtese en política social ou en
educación, sen recursos abondos para as escolas infantís. Non hai
diñeiro público, por exemplo, para afrontar a reforma integral do CEIP
Curros Enríquez nen para dotar os centros de equipamentos modernos que
eviten episodios como a recente inundación rexistrada no Instituto
Monelos. Tampouco se atenden as necesidades de dotación do profesorado
de apoio -de audición e linguaxe, nomeadamente-, unha demanda das ANPAS
da Coruña.
Canto á Vivenda, e a pesar de a
Xunta ser a administración competente, a aposta na vivenda pública é
francamente insuficiente, cunha partida de apenas 3 millóns de euros
para a construción de 40 VPP no chamado Parque Ofimático e só 1 millón
de euros para a primeira convocatoria do Programa Rexurbe.
No
que atinxe ás infraestruturas de transporte, e fóra da moi exigua
partida de 300 mil euros para a Intermodal, a única actuación reseñábel,
resalta Jorquera, é a da Vía Ártabra. "Aquí a Xunta teima en apostar
nun trazado con grande afectación medioambiental, deseñado só para
conectar coa AP9, sen que se resolva a existencia de peaxe desde ese
punto, en vez de contemplar que debe conectar coa A6 tal e como
inicialmente estaba planificada esa infraestrutura", remarca o portavoz
nacionalista. Brillan tamén pola súa ausencia partidas para levantar a
peaxe na autovía a Carballo ou para construír unha conexión entre a AP-9
e o aeroporto, a pesar de estas seren vellas demandas da veciñanza.
A
Xunta tampouco fai os seus deberes no que ten a ver coa rexeneración da
Ría do Burgo nen na realización de investimentos nos complexos
deportivos dependentes da administración galega (Elviña, Sardiñeira e a
Agra).
O BNG PREGUNTA AO GOBERNO SE TEN ACTUALIZADO O REXISTRO DE SOARES E EDIFICIOS A REHABILITAR
Avia Veira pide información sobre o número de procedementos de expropiación por incumprir a obriga de edificar ou rehabilitar
A concelleira do BNG Avia Veira interésase por saber se o concello ten debidamente actualizado o rexistro de soares e edificios a rehabilitar. A través dunha pregunta por escrito ao goberno local, a nacionalista pide información sobre os procedementos que se teñen aberto para expropiar por “incumprimento da función social da propiedade ou da obriga de edificar”.
Avia Veira pide información sobre o número de procedementos de expropiación por incumprir a obriga de edificar ou rehabilitar
A concelleira do BNG Avia Veira interésase por saber se o concello ten debidamente actualizado o rexistro de soares e edificios a rehabilitar. A través dunha pregunta por escrito ao goberno local, a nacionalista pide información sobre os procedementos que se teñen aberto para expropiar por “incumprimento da función social da propiedade ou da obriga de edificar”.
As persoas propietarias de soares e “construcións en ruína, inadecuadas ou suxeitas ao deber de rehabilitar” teñen a obriga de ou ben edificar ou ben “cesar no uso inadecuado” dos inmóbeis, de acordo a uns prazos estabelecidos nos plans urbanísticos ou “no seu defecto, no prazo de dous anos contados desde que a parcela mereza a cualificación de soar, a declaración administrativa de ruína ou inadecuación, ou a notificación do requerimento de rehabilitación do edificio, segundo o estabelecido na lexislación urbanística”.
Cando non se atende esa obriga é cando se pode proceder á expropiación por parte do concello, explica Avia Veira na exposición de motivos desta iniciativa a medio da cal a concelleira demanda datos sobre o número dos procedementos abertos para obrigar os propietarios a edificar ou rehabilitar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario