O acordo adoptado hoxe fixa a obriga de presentar cada tres meses un informe sobre a contratación pública, comezando en marzo de 2020, e incluíndo a porcentaxe de fondos destinados a cada un dos tipos de contratos previstos legalmente. Cada semestre darase conta do gasto en publicidade e propaganda cada semestre, detallando, cando menos, os gastos relacionados cos medios de comunicación. E cada ano entregarase unha análise sobre as políticas de transparencia e o grao de cumprimento da normativa específica e dos indicadores de Transparencia Internacional (ITA), con carácter anual.
O presidente da Comisión valorou positivamente “o acordo, o debate construtivo e mesmo a disposición, por parte de todos os grupos, para flexibilizar os prazos a petición do goberno, o que axudará a normalizar o exercicio de rendición de contas e transparencia, fundamental en calquera institución democrática”, e confiou en que o executivo fará o posible por cumprilo con dilixencia.
Mellor acceso á información
Ademais, no transcurso da comisión solicitóuselle ao goberno local maior dilixencia á hora de proporcionar información polas canles regulamentadas, tanto as preguntas escritas de Pleno como as solicitudes de acceso á información, cousa que ata o de agora se está a facer de xeito insuficiente.
A Rede da Marea
Atlántica decide non participar na campaña
das eleccións xerais
A
Rede da Marea Atlántica acordou onte non participar na campaña das eleccións
xerais do 10N e manter unha postura de neutralidade ante a
división
do espazo político que na Coruña está representado pola nosa organización
municipalista. Deste xeito, e a proposta do Grupo de Traballo de Relacións
Políticas, a asemblea celebrada no local da Praza dos Ovos, adoptou por maioría
o seguinte acordo:
1.
A Marea Atlántica manterá
unha posición autónoma respecto das distintas forzas que concorren ás
eleccións, a fin de garantir o respecto á pluralidade interna.
2.
As persoas que forman parte
da nosa organización poderán apoiar libremente calquera das opcións, pero tanto
a marca coma os recursos da Marea Atlántica quedarán á marxe da confrontación
electoral.
3.
As persoas da Marea
Atlántica que desempeñen postos representativos, tanto institucionais coma
orgánicos, non comprometerán o posicionamento político da Marea Atlántica.
4.
A Marea Atlántica apela á
responsabilidade de todas e todos, e comprométese coas forzas do cambio na
tarefa de recomposición do noso espazo político, procurando fórmulas de
cooperación e innovación que permitan recuperar as institucións para a xente e
o establecemento dunha axenda política plural, coherente co espírito que deu
lugar ao nacemento das candidaturas municipalistas e ao servizo das maiorías
sociais. Esta cuestión resulta urxente polas convocatorias electorais vindeiras
e pola necesidade de adaptarnos ao novo ciclo político evitando que a posible
nova recesión se resolva como a anterior, caendo sobre as costas dos máis
febles.
Cara á reconstrución do espazo político
O
texto aprobado onte sinala que “é evidente que as lóxicas competitivas dentro
do noso espazo político abócannos a unha situación subalterna, cando non
residual, mentres que as dinámicas de cooperación convértennos na alternativa
ás políticas neoliberais”.
En todo caso, nun momento de involución democrática
no conxunto do Estado, cómpre facer un
chamamento á participación electoral, apoiando sempre opcións progresistas e
cunha axenda clara a favor dos dereitos sociais, capaz de facer de contrapeso
ao avance da ultradereita.
E, como engade o texto, “tampouco podemos esquecer que estamos a poucos
meses doutra convocatoria electoral, na que se pretendemos que o espazo do
cambio teña algunha oportunidade, vai ser imprescindible construir".


No hay comentarios:
Publicar un comentario