Convócanse as subvencións
para a promoción e o fomento do deporte por valor de 120.000 €
O prazo para solicitar estas axudas
comeza mañá e remata o 31 de outubro, ambos os dous días incluídos.
A Coruña, 16 de outubro de 2019.-
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe o extracto do acordo da
Xunta de Goberno Local pola que se convocan subvencións en réxime de
concorrencia competitiva para a promoción e o fomento do deporte.
A contía total para repartir destas subvencións será
de 120.000 € e o prazo para solicitalas é de 15 días naturais a partir do día
seguinte á publicación no BOP, é dicir, desde mañá día 17 de outubro ata o 31
deste mes, os dous incluídos. As solicitudes poden presentarse a través da sede
electrónica do concello https://sede.coruna.gob.es ou no Rexistro Xeral do Concello con
destino ao Servizo Municipal de Deportes.
Desde o Servizo Municipal de Deportes recoméndaselles
ás entidades que vaian participar nesta convocatoria que soliciten cita nas
oficinas situadas no Palacio dos Deportes (tfno. 981 184 200 extensións 25025 –
25030) antes de presentar a documentación para comprobar que esta sexa
correcta.
O edil de Cultura asiste á
presentación dos XXVIII Xogos Florais María Pita que este ano se dedican a
Isabel Zendal
A Coruña, 16 de outubro de 2019.-
O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, asistiu esta mañá á presentación dos
XXVIII Xogos Florais da Orde de Cabaleiros de María Pita, que este ano se
celebrarán en honra á enfermeira Isabel Zenda, xunto ao presidente da entidade,
José Duarte.
O concelleiro expresou o apoio do Concello a unha
iniciativa que “reivindica o papel da poesía e da historia da nosa cidade” e
lembrou que o certame xa fora dedicado a figuras como Pablo Picasso, Concepción
Arenal, Eusebio da Guarda e, na última edición, á matemática María
Wonemburger.
Os temas do concurso poético, cuxo xurado estará
presidido pola poetisa Yolanda Castaño, deberán versar sobre a figura de Isabel
Zendal e/ou o lema “Valentía e xenerosidade sen fronteiras”. As composicións
deberán ter un máximo de 100 versos e un mínimo de 32 e poderán presentarse
tanto en galego como en castelán. Cada autor poderá concursar cun máximo de
dúas obras e o prazo de entrega finaliza o 2 de decembro.
A gala de entrega dos premios terá lugar o Teatro
Colón o 12 de decembro. Ademais do recital poético, na 2ª parte do acto
participarán a Unidade de Música da Forza Loxística e as nenas e os nenos do
colexio público Labarta-Posse de Baio, que farán unha representación da Real
Expedición Filantrópica.
O acto contou ademais con presenza de Dolores Estrada
da Fundación San Rafael e Richard Huerta, director do Ibis Hotel e
vicepresidente da Asociación empresarial de Hospedaxe da Coruña HOSPECO,
entidades colaboradoras do certame.


No hay comentarios:
Publicar un comentario