Rey e Cabanas fan entrega dos premios do XVI Concurso de Tapas Picadillo
A alcaldesa destacou a importancia
deste evento para situar A Coruña á vangarda da gastronomía galega e como punto
de
referencia turístico
A Coruña, 28 de outubro de 2019.- A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta
tarde, no salón de plenos do Pazo de María Pita, a entrega dos premios da XVI
edición do Concurso de Tapas Picadillo. O acto estivo conducido pola xerente do
Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, e nel tamén participou a concelleira
de Turismo, Diana Cabanas, quen destacou que a cidade presume de ser pioneira
en certames gastronómicos como este que potencia tamén a arte do tapeo e o
feito de vivir en primeira persoa a experiencia de desfrutar das delicatesen
preparadas polos cociñeiros coruñeses.
Pola súa parte, a rexedora asegurou que o Goberno
local cre “na gastronomía como porta de entrada do turismo e, por iso, é
necesaria potenciala ao máximo”. Por esta razón, insistiu en que apoiarán outras
iniciativas populares ao longo do ano e tratarán de atraer con elas a máis
visitantes. A xerente manifestou a calidade das propostas das máis de 83 tapas
e 65 establecementos participantes nesta edición: “O alto nivel mostrado foi
magnífico”.
Dos 47 establecementos participantes na categoría
tradicional, seis foron os merecedores de levar diploma: La Pérgola de Oído Cocina, Cevichería La Sarita, Chirashizushi,
Gastroteca, Casa Martín e Restaurante
Morriña. As Mencións Especiais nesta categoría foron para Casa Martín e Restaurante Morriña e foi Cevichería
La Sarita quen vestiu a tradicional chaquetilla dos Picadillo ao gañar esta edición coa súa tapa Pataca cítrica sobre quinoa vermella e
que recolleu Marta González.
A categoría de tapas creativas foi a segunda con máis
participantes. Gastroteca, Chirashizushi,
Restaurante O Fieital, Surrey, Taberna os Tigres e Alma Negra foron os escollidos dos 36 participantes que levaron o
diploma. A tapa gañadora este ano foi Esteiro,
elaborada pola Gastroteca. Nelssy
Soriano recolleu o premio.
O galardón Premio Picadillo 2019 da cidade da Coruña
por votación popular recaeu no local El
Rincón de Alba pola súa proposta de taco
de lacón con grelos e queixo San Simón fundido. Iago Cagiao recibiu o
trofeo. Na categoría de Maridaxe con viños da Denominación de Orixe Rías
Baixas, distinguiron a Gonzalo Cotelo, de Alia
Die, coa súa tapa Albóndiga de bonito
de Burela en salsa verde de alga codium e viño D.O. Rías Baixas Albariño de
Fefiñanes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario