Modepen súmase á marcha pensionista do vindeiro 16 de outubro en Madrid
O 21 de setembro saíu de Rota, Cádiz, unha columna de
pensionistas que recorrerán a pé 645 quilómetros ata Madrid; e o 23 saíu de
Bilbao a columna Norte que se unirá con compañeiras e compañeiros de Asturias e
Cantabria. Ambas columnas chegarán o 15 de outubro a Madrid e o 16 xuntarémonos
arredor de 300 plataformas de pensionistas de todo o Estado, que conforman a
COESPE, para concentrarnos diante do Congreso dos Deputados en defensa do
Sistema Público de Pensións, e esixir a derrogación das regresivas reformas
lexislativas de 2011 e 2013, entre outros puntos da nosa táboa reivindicativa.
O Movemento Galego pola Defensa do
Sistema Público de Pensións (MODEPEN), manifesta a seu total apoio ás
compañeiras e compañeiros que compoñen ambas columnas, que son un exemplo de
loita solidaria interterritorial e interxeracional, na defensa dun dereito tan
básico e imprescindible para a clase traballadora como é a percepción dunha
pensión que lle permita, despois dunha longa vida laboral, vivir dignamente os últimos anos da súa vida.
Galicia estará presente na
mobilización do 16 en Madrid coa participación das distintas plataformas que
conforma MODEPEN. Para facilitar a asistencia a tódalas persoas que queira
asistir, van saír autobuses de Coruña, Ferrol, Compostela, O Barbanza, Lugo, A
Mariña, Cangas, Pontevedra, Vigo e Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario