Os premios “A Coruña Solidaria” dan a coñecer o labor da Cociña
Económica a través da mirada de persoas con diversidade funcional
O concurso fotográfico, impulsado pola Sociedade Filatélica co
respaldo da Fundación Emalcsa,
visibiliza o traballo artístico de persoas con discapacidade intelectual e
síndrome de Asperxer
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, agradeceu o labor
das entidades que traballan a favor da inclusión social e que “regalan o seu
tempo ao servizo dunha cidade cada día máis diversa”
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e
Participación, Yoya Neira, entregou esta tarde en María Pita os premios do
concurso fotográfico “A Coruña Solidaria” impulsado pola Sociedade Filatélica,
coa colaboración da Fundación Emalcsa, a través do seu programa de subvencións
da Cultura Inclusiva, e da Cociña Económica.
O certame, que busca dar visibilidade ao traballo de
persoas con diversidade funcional da Asociación a prol das persoas con
discapacidade intelectual de Galicia (ASPRONAGA) e a Asociación Galega de
Familias de Persoas Afectadas pola síndrome de Asperxer (ASPERGA), tiña como
tema dar a coñecer o labor que a Cociña Económica realiza desde a súa fundación
en 1886.
A concelleira agradeceu á Sociedade Filatélica e á
Fundación Emalcsa a súa implicación no campo da inclusión cultural e felicitou
aos premiados, “os verdadeiros protagonistas que nos ensinades cada día que non
existen as barreiras, que non existe a
exclusión”. Destacou tamén o inmenso labor de Aspronaga e Asperga e das
familias “que traballades cada día para a eliminación de barreiras e conseguir
unha cidade máis inclusiva”.
Os premiados nesta terceira edición foron Vicente
Fernández, Daniel Aguilera e José Martínez, mentras que Violeta González
recibiu un áccesit pola a súa imaxe. A Sociedade Filatética fará unha tirada
especial de selos e tarxetas con todas as fotografías gañadoras.
Ademais, as imaxes seleccionadas formarán parte da
exposición filatélica conmemorativa do “330º aniversario da creación da liña
marítimo-postal Falmouth-
Coruña”, que se celebrará o próximo mes de novembro na sala
de exposicións da Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
O acto contou coa presenza de Manuel Aguilar, director
xerente da Fundación Emalcsa; José Luis Rey, presidente Sociedade Filatélica da
Coruña; Rita González
Fernández, presidenta de Asperga; Nicanor Álvarez,
presidente de Aspronaga e Jacinto Luís Torres, presidente da Cociña Económica.
Rey destaca a importancia de xornadas como eWoman 2019 para
conseguir a igualdade de xénero
A
alcaldesa e as concelleiras de Turismo e Benestar Social, Diana Cabanas e Yoya
Neira, acudiron a unha nova edición que premiou a
traxectoria
de Carmen Álvarez, de Carmelamola; da catedrática Minia Manteiga; de Rosa María
Mirás, da firma Portomuíños; e da adestradora do RC Deportivo Genuine, Lucía
Otero
A alcaldesa Inés Rey e as concelleiras de Turismo e Benestar Social, Diana
Cabanas e Yoya Neira, asistiron esta mañá á xornada eWoman 2019, organizada por
La Opinión e Prensa Ibérica, como recoñecemento a mulleres emprendedoras do
país, e na que se outorgou o premio Negocio Online á rapaza Carmen Álvarez
Rodríguez, pola súa firma de complementos Carmelamola.
A rexedora foi a encargada de entregarlle o galardón nunha edición na que se
distinguiu a traxectoria profesional by Caixabank da docente e investigadora
Minia Manteiga, primeira catedrática de Astrofísica de Galicia, e da fundadora
da empresa Portomuíños, Rosa María
Mirás, pioneira en comercializar algas para o consumo en Galicia. Finalmente, o
premio ao Mérito Deportivo by La Liga foi para Lucía Otero, adestradora do RC Deportivo Genuine.
Rey destacou a importancia da iniciativa porque “se
precisan moitos eventos deste tipo para que a sociedade camiñe e avance en
términos de igualdade de cara a compensar ese desaxuste social e facernos ver
que pese ás condicións hostís, si se pode”. Neste aspecto, recordou que ela
como primeira alcaldesa democrática garda xa anécdotas no referente a
entrevistas nas que lle preguntan pola seu aspecto físico e pola conciliación
familiar, e ás que sempre contesta con que as responderá cando llas formulen aos
homes tamén.
A rexedora valorou da xornada o paso por ela de persoas que
dan exemplo ao destacaren en sectores nos que apenas hai presenza feminina como
Laura Alegre, responsable do hotel Meliá María Pita onde tivo lugar a cita, ou
Marta Albela, directora de banca retail de CaixaBank en Galicia.
En eWoman, unha produtora como Emma Lustres contou
emocionada toda esa carreira de fondo para converter a firma no que hoxe é e un
brazalete chamado Miriam Ríos falou do que está a vivir capitaneando ao Real
Clube Deportivo de mulleres, nunha posta en escena na que a televisiva Patricia
Pérez explicou a súa andaina como referente na naturopatía.
O Concello vese na obriga de pechar o
Centro Abeiro ante a imposibilidade de cumprir coa lei
A decisión tómase despois de informar ás entidades da cidade que
traballan neste ámbito e de establecer unha coordinación conxunta
Benestar Social potenciará o servizo de rúa e o dispositivo de
frío
O Goberno local vese na obriga de pechar o Centro
Abeiro, un espazo municipal no que se desenvolvía o programa de baixa esixencia
destinado á cidadanía en situación de rúa, en cumprimento da lei e por
esixencias da Xunta de Galicia ao ditaminar que o centro non se adecuaba aos
requisitos mínimos esixidos e, como consecuencia, interpoñendo unha sanción en
outubro de 2017.
Á súa chegada ao Goberno, o Executivo local analizou
co Servizo de Edificación as posibilidades de subsanar todos os requisitos
específicos que o centro non cumpría e que eran esixidos pola normativa
sectorial de aplicación. Tras esta análise, a única opción viable deixaría o
espazo sen os metros mínimos necesarios que a Xunta esixe para este tipo de
centros. Neste senso, e segundo o Goberno autonómico, o inmoble seguiría a ser non
válido para exercer esta actividade. Polo tanto, co fin de cumprir a lei e de
salvagardar a integridade física do cadro do persoal traballor e as persoas
usuarias do albergue municipal, o Concello vese na obriga de pechar o Centro
Abeiro.
Outra das medidas adoptadas desde a Concellería é a
potenciación do servizo de rúa e o dispositivo de frío que o Concello presta a
través dos seus convenios coa Cruz Vermella e ACCEM.
O Concello dá os primeiros
pasos para recuperar a Casa Cornide coa constitución do Consello da Memoria
Democrática
A alcaldesa, Inés Rey, asegura que o Goberno local
emprenderá accións legais unha vez que a asesoría xurídica lle dea luz verde
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou a intención
do seu executivo de poñer en marcha o Consello de Memoria Democrática. Un
primeiro paso, dixo, para a recuperación da Casa Cornide, na actualidade en
mans da familia Franco. Esta actuación responde, explicou, ao firme compromiso
do Goberno local coa recuperación da memoria histórica da cidade e á resolución
adoptada no pleno do pasado 16 de
setembro cando todos os grupos políticos do Concello aprobaron emprender
accións legais encamiñadas á recuperación da propiedade.
A alcaldesa explicou que o Consello de Memoria
Democrática estará composto por membros da corporación, persoas expertas e
representantes da Universidade, do Instituto José Cornide, do Ateneo
Republicano e outras entidades que traballan no campo da memoria histórica. “A
nosa intención é que unha das comisións especiais se centre na recuperación
deste edificio”, dixo.
Confía en que “poidamos alcanzar un consenso que nos
permita iniciar os trámites para que o edifico volva ás mans do Concello”. Para
iso, indicou, solicitaranse informes técnicos que despois se derivarán á
asesoría xurídica “para que estude si hai argumentos xurídicos que fundamenten
a demanda e, non haxa ningunha dúbida de que o edificio ten que volver ser de
titularidade pública”.
De forma paralela, o Concello pretende declarar o
edificio como Ben de Interese Cultural (BIC). Segundo a lei para que un inmoble
sexa declarado como BIC é necesario que teña interese histórico, artístico,
social ou científico. Por iso, pediráselle un informe a un dos maiores expertos
da Universidade de Santiago neste tema para “contar co apoio da comunidade
científica antes de lle solicitar a Patrimonio que declare a Casa
Cornide como BIC”, sinalou a alcaldesa.
En canto á restauración da vidreira de María Pita, que
inclúe a substitución da aguia preconstitucional, a rexedora explicou que
debido á complexidade da obra tívose que redactar un novo contrato cun
orzamento axustado, xa que é necesaria a supervisión dunha persoa experta
encargada da dirección artística. Cando se desmontou a peza, lembrou a
alcaldesa, os técnicos descubriron que moitas pezas estaba rotas e outras
presentaban un estado de conservación deficitario.
Tamén confirmou que a Concellería de Cultura ten
previsto crear unha comisión especial para proseguir coa supresión do rueiro
das rúas con nomes franquistas iniciada polo executivo de Marea en cumprimento
da Lei de memoria histórica do 2007. Eliminaranse ademais todos aqueles
símbolos da ditadura franquista que aínda permanecen na cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario