O Goberno local acorda cos
sindicatos a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo
Lage Tuñas comprometeuse a poñer en marcha o proceso dunha nova
RPT, cunha nova valoración de postos de traballo, e a fortalecer os servizos
públicos que presta o Concello
O
concelleiro de Facenda e Réxime Interior anunciou tamén a
elaboración dun novo Plan de Formación
O voceiro comprometeuse cos sindicatos a ter “un diálogo
permanente, no acordo ou na discrepancia” e constatou unha inmellorable
disposición por parte dos sindicatos para a dignificación dos servizos
públicos.
A Coruña, 17 de setembro de 2019.-
O voceiro do Goberno local e concelleiro de Facenda, José Manuel Lage Tuñas,
acordou cos sindicatos a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo
RPT. Os sindicatos e o goberno local chegaron a un acordo que foi aprobado por
unanimidade durante a Mesa Xeral de
Negociación celebrada hoxe en María Pita. “Abrimos unha
nova etapa. Temos total confianza nos traballadores municipais, que son básicos
para que os servizos públicos funcionen”, sinalou o voceiro do Goberno local.
Lage informou durante o encontro que no mes de novembro
daranse os primeiros pasos para a elaboración dunha nova RPT, que contará cunha asistencia técnica
para a súa elaboración, unha valoración dos postos de traballo e tamén a
redacción do manual de funcións e normas de xestión. A fecha límite para a súa
aprobación fixouse no mes de xuño de 2022.
O concelleiro comprometeuse cos sindicatos a manter “un
diálogo permanente, no acordo ou na discrepancia” e constatou unha inmellorable
disposición por parte dos sindicatos para a dignificación dos servizos
públicos.
O goberno tamén anunciou que ten previsto continuar coa
segunda fase do concurso de trasladaos de maneira inmediata. Canto aos
concursos específicos para a cobertura das Xefaturas de Servizo, Lage
explicoulles que o concurso está xudicializado e por tanto optarase por aplicar
o principio de prudencia para abordar este asunto.
Doutra banda, o Goberno local ten previsto elaborar un novo
Plan de Formación. Os sindicatos presentarán a súas propostas ao Goberno local
próximamente. Asemade o executivo enviará ás traballadoras e aos raballadores
un cuestionario para que acheguen as súas suxerencias. “Melloraremos a
formación dos traballadores municipais cunha reforma a fondo da política de
formación de recursos humanos que dará pé a un novo plan”, indicou.
Outro dos acordos aos que se chegou na Mesa Xeral de
Negociación foi a constitución do Comité de Saúde Laboral e o compromiso por
parte do goberno municipal de celebrar con moita brevidade a Mesa Técnica de
Policía Local.
Ademáis, o servizo de persoal enviará unha instrución sobre
a forma en que se poderá compensar o día 12 de outubro. Os traballadores terán
ata o 31 de marzo de 2020 para gozar dese día.

No hay comentarios:
Publicar un comentario