Traductor

miércoles, 6 de noviembre de 2019

"Aprender traballando" - VII Congreso de Sostibilidade Social e Económica do Sector Pesqueiro


Martínez Acón destaca iniciativas como
“Aprender traballando” para lograr a inserción laboral de mozas e mozos de
colectivos en risco de exclusión social   

A concelleira de Emprego participou na clausura do programa que formou nestes meses a unha vintena de persoas participantes de etnia xitana no Centro Municipal de Emprego



A concelleira de Emprego, Eva Martínez Acón, acudiu esta mañá ao acto de clausura do programa “Aprender traballando”, que tivo lugar no Centro Municipal de Emprego, e no que se entregaron diplomas ás 20 persoas participantes. A edila felicitou ao Secretariado Xitano por desenvolver esta iniciativa de formación dirixida ás mozas e aos mozos que están en situación de desemprego e que combinou formación teórica e práctica. 

O obxectivo principal foi o de atender a este colectivo en risco de exclusión e facilitar a inserción laboral dos alumnos. Acón sinalou que a entidade forma parte do pacto local de emprego, no que forman parte tamén distintos axentes locais e económicos como sindicatos, organización empresariais ou a Univesidade e que se centra na suma de esforzos e estratexias para conseguir a igualdade de oportunidades no mercado laboral a través de alianzas con empresas e loitar así contra a discriminación. 

En seis meses, o cadro de persoal que coordinou “Aprender traballando” realizou avaliacións das competencias e intereses profesionais para que os e as que se adscribiron tomasen decisións sobre o seu futuro laboral. Impulsou accións formativas nas que se puxeron en xogo esas nocións primeiras, axudándolles a melloralas a través da reflexión, a práctica e unha capacitación profesional que lles cualificou para defender un oficio. Ademais, as familias contaron cunha axuda social para que a falta de recursos non limitase a participación da mocidade seleccionada neste proceso.



Rey propón crear unha fronte común   para promocionar o peixe e o marisco  da nosa lonxa

A alcaldesa participou esta mañá no acto inaugural do VII Congreso de Sostibilidade Social e Económica do Sector Pesqueiro, organizado pola Fundación FREMMS
  
A alcaldesa Inés Rey participou na inauguración do VII Congreso de Sostibilidade Social e Económica do Sector Pesqueiro, organizado pola Fundación FREMMS, no que se tratan desde hoxe os principais problemas que lle afectan ao sector a través de parladoiros e mesas redondas, nos que profesionais e representantes do mundo da ciencia e das institucións achegarán a realidade e posibles solucións tanto na parte económica como na social da pesca. A rexedora lembrou que a cidade se prepara para unha gran transformación co desenvolvemento dunha nova fachada marítima, pero “non pode deixar atrás os usos industriais, entendidos estes como economía azul e sostible” para interactuar coa pesca e potenciar as súas capacidades. 

Para a alcaldesa, contar cunha lonxa “líder na venda de pesca fresca en Galicia” é un orgullo xa que suma no que vai de ano 29 millóns de quilos cunha facturación de 55 millóns de euros e unha forza de compra de 800 poxadores diarios arrastrados polas capturas de 170 embarcacións, entre baixura e altura. Neste aspecto, Rey fixo fincapé en lograr un reparto xusto de cotas para as nosas pesqueiras tendo como base informes científicos de calidade que permitan tomar decisións axustadas para evitar peches prolongados e recortes inxustificados de especiais vitais como está ocorrendo co xurelo e a pescada. 


Tamén falou da importancia de adiantarnos a posibles limitacións no acceso a caladoiros habituais e a restricións comerciais a raíz do que pase en Inglaterra co Brexit. Nun contexto no que o sector avanzou na mellora das condicións laborais a bordo dos buques, a rexedora sinalou que as remuneracións dos empregados no mar deben ser acordes ao esforzo e por iso cómpre potenciar a comercialización e promover as capturas, para que estes factores propicien o aumento de beneficios:
“É necesario facer unha fronte común para a promoción do mellor peixe e marisco do mundo”. 

Xunto á alcaldesa, participaron tamén no acto inaugural o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o delegado do Goberno de España en Galicia, Francisco J. Losada; o presidente de FREMMS, Juan Carlos Corrás; a conselleira de Pesca, Rosa Quintana; e o presidente da Comisión de Promoción Económica da Deputación, José Blas Garcia Piñeiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario