O Concello cédelle unha furgoneta á
Asociación Axuda a Superar Enfermidades
Raras (ASER) para a recollida de tapóns de plástico
A alcaldesa Inés Rey recibiu as persoas representantes de ASER
para asinar a acta de entrega do vehículo que o Goberno local lle cede
gratuitamente á entidade coruñesa
A Coruña, 13 de novembro de 2019.-
A alcaldesa da cidade, Inés Rey, recibiu esta mañá en María Pita, xunto ao
director da Área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, o presidente da
Asociación Axuda a Superar Enfermidades Raras (ASER), Juan Javier García
Barreiro, e outras persoas representantes da entidade coruñesa para a sinatura da
cesión dunha furgoneta por parte do Concello á asociación.
O vehículo cedido perténcelle ao parque móbil
municipal e “neste momento non se estaba a utilizar”, explicou a rexedora, quen
tamén expuxo que o Concello pon o seu “gran de area para colaborar coa
asociación e para que a recollida de tapóns que levan a cabo sexa en mellores
condicións e con maior capacidade”.
ASER é unha asociación relativamente nova, apenas ten
dous anos de vida, pero a actividade que están a desenvolver é, en palabras do seu
presidente, “frenética e moi activa”. García Barreiro valorou a cesión do
Concello como “unha axuda importantísima que supón un impulso para a asociación
xa que a recollida de tapóns é a nosa actividade principal e este é un
instrumento moi importante para a realización da dita recollida”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario