O Consello da Memoria Democrática inicia unha nova etapa co
firme propósito de recuperar a Casa Cornide
A
alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de constitución do novo
Consello que continuará cos traballos de supresión da simboloxía franquista e
reabrirá a Oficina de Atención ás Vítimas que pasará a ser de titularidade
municipal
A Coruña, 27 de novembro
de 2019.- A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde, xunto ao
concelleiro de Educación e Cultura, Jesús Celemín, o acto de constitución do
novo Consello da Memoria Democrática, entidad encargada de desenvolver as
políticas municipais destinadas á recuperación da memoria histórica das vítimas
da Guerra Civil e a Ditadura.
Un dos principais retos do novo Consello é a recuperación
da Casa Cornide. Que o inmoble pase a ser de novo patrimonio público é un dos
firmes propósitos do recentemente nomeado Consello. A súa intención é que o
edificio sexa declarado Ben de Interese Cultura, BIC, para poder abrilo ao
público como un primeiro paso para recuperar a súa titularidade. Para iso, o
Goberno local, encargoulle ao historiador Alfredo Vigo, catedrático de Historia
da Arte da Universidade de Santiago, que elabore un informe para iniciar o
trámite de protección do inmoble. Un traballo que supervisará a comisión que
coordinará Emilio Grandío, do Instituto Cornide
O Consello tamén deu luz verde para que continúen os
traballos de retirada da simboloxía franquista postos en marcha por unha
comisión do anterior executivo da Marea Atlántica, así como a reapertura da
Oficina de Atención a Vítimas, cuxo traballo coordinará a Cátedra de Memoria
Histórica da Universidade da Coruña. A partir de agora, a oficina será
municipal. Tamén lle deu o visto e prace á creación dunha web. Unha plataforma
de comunicación das actividades do Consello que contará cun arquivo e
biblioteca virtual da Memoria Histórica.
Ademais dos representantes do Goberno local e membros da
Corporación municipal, o consello conta entre os seus integrantes con membros
do Ateneo Republicano, do Instituto Cornide, da Real Academia Galega, da Universidade da
Coruña, así como representantes de Asociacións pola Recuperación da Memoria
Histórica da cidade e historiadores de recoñecido prestixio.
O novo Consello:
Presidenta: Inés Rey García, alcaldesa da
Coruña
Vicepresidente: Jesús Javier Celemín
Santos, concelleiro de Cultura
Concelleira/o designada/o polo Grupo Socialista. Titular:
Yoya Neira Fernández. Suplente: Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro designado polo Grupo Marea Atlántica. Titular:
Iago Martínez Durán. Suplente: Alberto Lema Suárez
Concelleiro designado polo Grupo Popular. Titular: Roberto
Rodríguez Martínez. Suplente: Roberto Coira Andrade
Concelleira/o designada polo Grupo Bloque
Nacionalista Galego. Titular: Avia Veira
González. Suplente: Francisco Jesús
Jorquera Caselas
Concelleira designada polo Grupo
Ciudadanos. Mónica Martínez Lema
Representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria
Histórica da Coruña: Titulares: Fernando Souto Suárez e Rubén Afonso Lobato.
Suplentes: Concepción Sánchez Sánchez e Xesús Díaz Díaz
Representantes da Asociación para a Recuperación da Memoria
Histórica. Titular: Carmen Garcia-Rodeja Arribí. Suplente: José Manuel López
Tuñas
Representante do Ateneo Republicano. Titular: José Alfeirán
Rodríguez. Suplente: Alicia Castro Barreda
Representante da Real Academia Galega.
Titular: Xesús Alonso Montero. Suplente: María
Pilar Jiménez Aleixandre
No hay comentarios:
Publicar un comentario