Traductor

jueves, 28 de noviembre de 2019

Copa do Mundo do Paratríatlon en A Coruña


A Coruña acollerá unha das probas da Copa do Mundo do Paratríatlon os días 6 e 7 de xuño de 2020


O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, asegurou que eventos deste tipo sirven para volver a situar a cidade no “top” da competición deportiva



A Coruña, 27 de novembro de 2019.- O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, anunciou esta mañá que A Coruña acollerá os días 6 e 7 de xuño de 2020 unha das probas da Copa Mundial do Paratríatlon 2020. Borrego mostrou a súa satisfacción pola elección da cidade por parte da International Triathlon Union “é unha noticia  importantísima. O Goberno municipal encabezado por Inés Rey traballa para que eventos deportivos coma este sirvan para que A Coruña volva a situarse no top da competición deportiva”, apuntou o titular de Deportes.
De este xeito, dixo, A Coruña será o escenario dunha fin de semana de actividade de alto nivel competitivo e cunha gran afluencia de deportistas nacionais e estranxeiros, xa que nas mesmas datas disputarase o Campionato de España de Tríatlon por Clubs e Relevos Mixtos da Federación Española de Tríatlon.

O concelleiro destacou que A Coruña conta coa  infraestrutura necesaria  e “a experiencia do seu Servizo Municipal de Deportes na organización de eventos de carácter internacional.”. Para Borrego, a elección da cidade é un premio ao compromiso diario das persoas que traballan na área de Deportes. “A nosa cidade reúne todos os requisitos para unha proba destas características: trazado urbano, recursos turísticos e as súas xente”, sinalou.
“O Concello apoiará e impulsará a celebración deste tipo de eventos que contribúen a  construír cidade e achegar un novo turismo vinculado á práctica dos deportes”, destacou.

A Copa do Mundo de Paratriatlón A Coruña 2020 estará incluída no período de Clasificación Paralímpica e será unha das últimas ocasións para conseguir puntos que terán os deportistas que loitan por estar nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020. Según A Federación Española de Tríatlon, poder competir en España sen grandes desprazamentos nin cambio de costumes, e nun escenario coñecido tras albergar nos últimos anos o Campionato de España de Paratríatlon pode supoñer un factor decisivo que axude a paratriatletas FETRI pendentes de certificar o billete paralímpico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario