A alcaldesa Inés Rey chamou
a non desandar o camiño e a seguir na procura dunha sociedade igualitaria, unha
loita na que predecesoras como María Pita, Emilia Pardo Bazán ou Marcela e
Elisa poden servir de exemplo
A Coruña, 25 de
novembro de 2019.- A Corporación Municipal conmemorou esta mañá o Día
Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller nun acto no salón de
plenos, no que a alcaldesa leu unha declaración institucional do Concello con
motivo do vixésimo aniversario da efeméride instaurada pola Organización das
Nacións Unidas. Seguidamente, gardouse un minuto de silencio polas 52 vítimas
rexistradas no que vai de ano, despois do asasinato esta mesma madrugada en
Tenerife dunha moza de 26 anos.
No manifesto, a rexedora lembrou a campaña municipal de
“Acabar coa violencia sexual non é posible sen vós. Implicados contra a
violencia sexual”, coa que “a nosa cidade rexeita a quenes realizan condutas de
abuso, agresión e intimidación sexual e a quenes, coa súa complicidade, as
toleran ou as silencian”. Sinalou que non podemos desandar o camiño porque se
as tres ondas feministas anteriores conseguiron a educación, o dereito ao
sufraxio activo e pasivo e a consideración da violencia
contra as mulleres como violación grave dos dereitos humanos, “hai unanimidade
en considerar que unha cuarta reacciona agora ante unha sociedade machista
desigual”
Engadiu
que a violencia de xénero é a manifestación máis extrema desa desigualdade e
“por iso que o desexo e a confianza deste Concello radica en que as nosas
predecesoras, mulleres loitadoras, valientes e feministas como María Pita,
Teresa Herrera, Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega, María Wonenburguer ou
Marcela y Elisa, entre outras, sirvan de exemplo e continúen prendendo a chama
da loita pola igualdade nas coruñesas e nos coruñeses”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario