A votación
rematou hai mes e medio e aínda non se coñece cales foron as propostas
gañadoras
Claudia Delso:
“Animamos ao PSOE a conservar este proceso de democracia directa, tal e como
figura nos nosos acordos”
O grupo municipal da Marea Atlántica insta ao goberno do
PSOE a publicar, canto antes, os resultados dos Orzamentos Participativos 2019.
“A votación cuarta convocatoria deste proceso de democracia directa rematou o 9
de outubro, hai máis de mes e medio, e aínda non coñecemos cales foron as
propostas escollidas pola cidadanía”, declara a concelleira Claudia Delso.
Tamén lembra que manter os Orzamentos Participativos forma parte do noso pacto
á coruñesa co PSOE para este primeiro ano de mandato.
Na anterior convocatoria, os resultados coñecéronse o 21 de
setembro de 2018, na que se escolleron 49 propostas cos votos de 3.300 persoas,
mentres que este ano non coñecemos aínda ningún dato a 18 de novembro.
Preocupación de veciñanza e colectivos
Como lembra Claudia Delso, “en anteriores edicións, os
prazos do apoio inicial de achegas e da votación final eran de 21 días cada un,
pero o goberno de Inés Rey reduciunos agora a unha semana, ao tempo que
endureceu os criterios e deixou fóra varias propostas da veciñanza. Varios
colectivos e persoas particulares puxéronse en contacto con nós para amosar a
súa preocupación por estes feitos”. O argumento do goberno local foi a
necesidade de acelerar o proceso para incorporar as ideas gañadoras aos
Orzamentos 2020, algo contraditorio con esta longa demora en publicar os
resultados.
Os Orzamentos Participativos
convocáronse por primeira vez en 2016, no anterior mandato, e permiten que a
veciñanza decida directamente o destino de ata 3 millóns de euros.
“É un proceso de empoderamento cidadán, que medrou en participación ano tras ano, e que mellora a calidade democrática do Concello. Animamos ao PSOE a consolidar esta porta aberta á democracia directa, tal e como figura nos nosos acordos, e a dar a coñecer o antes posible os resultados da convocatoria”, explicou Claudia Delso. E indicou que no vindeiro Pleno preguntaremos por este asunto, como xa fixemos nos anteriores.
A Marea
Atlántica asina un acordo co goberno provincial para mellorar os Orzamentos
2020 da Deputación
Alberto Lema, voceiro da Marea, e Antonio Leira, deputado
de Facenda, asinaron un compromiso para incorporar as nosas propostas
pola vía dos modificativos de crédito
O noso voto favorable significará aumentar un 20% os fondos para
mantemento das estradas provinciais e para obras e equipamentos financiados co
Plan Único
O grupo provincial da Marea Atlántica chegou hoxe a un
acordo co goberno da Deputación da Coruña, na que se compromete a apoiar os
Orzamentos da institución provincial a cambio de introducir diversas melloras
pola vía dos modificativos de crédito que se dean durante o ano. Deste xeito, o
noso voto favorable traducirase no aumento do 20% do investimento destinado a
manter as estradas provinciais e dos fondos do Plan Unico para obras e
equipamentos nos concellos, entre outras medidas.
O noso voceiro na Deputación, Alberto Lema, e o deputado de
Facenda, Antonio Leira, asinaron hoxe este compromiso de entendemento que
servirá para mellorar e corrixir as carencias do proxecto inicial de
Orzamentos. Como explicou Lema, “dentro da escasa marxe de manobra que deixan a
Lei Montoro, a falta de Orzamentos do Estado e os baixos índices de execución
de anos anteriores, os modificativos ofrecen a posibilidade de mellorar e
atender as demandas dos concellos”.
Nos últimos meses, Alberto Lema mantivo xuntanzas con
representantes políticos de distintos municipios, e sempre coincidiron en
sinalar o mal estado de conservación das vías provincias, así como a necesidade
de apoiar aos concellos con fondos que poidan investir con autonomía, como
ocorre cos do Plan Único.
Ademais, o acordo entre a Marea Atlántica e o goberno da
Deputación inclúe a creación dunha convocatoria aberta para fomentar a
investigación sobre catro liñas estratéxicas: transición enerxética,
mobilidade sostible, mar e cambio climático e patrimonio inmaterial.
Tamén se recolle o compromiso de promover o coñecemento da
economía social nos centros de Formación Profesional, estender o Camiño dos
Faros para incluír a Torre de Hércules e potenciar a promoción exterior do
Camiño Inglés, en vista de que a Xunta non o pensa facer no marco do Xacobeo.
Por
último, o goberno provincial manterá o investimento na cidade da Coruña ao
nivel de anos anteriores, e asumirá melloras nos equipamentos eestradas provinciais en Sada, Teo, Mugardos e a Pobra do Caramiñal.Xuntanza do Colectivo AMI
As concelleiras Claudia Delso e Xiao Varela reunironse hoxe con
representantes da Asociación de Montañeros Independientes (AMI) para
coñecer de primeira man as súas propostas, e agradecerlles o seu labor
na difusión da escalada. Na Coruña, desde 2013, o número de persoas
federadas neste deporte multiplicouse por dez.
Tamén
lembraron que o goberno da Marea Atlántica deixou adiantado un proxecto
para renovar o rocódromo de Riazor, que debera ter continuidade. A
estrutura, que foi o primeiro rocódromo cuberto de Galicia, precisa
renovación logo de 35 anos de uso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario