Traductor

miércoles, 6 de noviembre de 2019

O Goberno local comunica a Albada a prórroga forzosa do servizo de recollida


O Goberno local comunica a Albada a prórroga forzosa do servizo de recollida e tratamento de residuos ata a adxudicación do novo contrato

A Xunta de Goberno Local, atendendo aos informes elaborados polos técnicos municipais, pagará o sobrecusto do proxecto de reforma da cuberta do Estadio de Riazor que ascende a case un millón de euros

A corporación, en cumprimento dun acordo plenario, presentarase no procedemento aberto pola Avogacía do Estado para reclamar a propiedade do pazo de Meirás
  

 A Xunta de Goberno Local aprobará mañá a prórroga do contrato a Albada da concesión do servizo de tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos, nas mesmas condicións que rexen o contrato actual, ata que un novo adxudicatario se faga cargo do servizo.

Ante o anuncio de Albada de que no trataría os residuos dos concellos da Área Metropolitana, desde Medio Ambiente lémbranlle á compañía que está obrigada a manter a actividade ata que o Concello conte cunha nova concesionaria, tal e como recolle o artigo 4 do contrato en vigor, explica a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.

A interrupción da prestación do servizo antes da adxudicación do futuro contrato produciría graves prexuízos de interese público. Trátase dun servizo esencial necesario para garantir a protección da saúde pública e do medio ambiente, sinalou a concelleira. Nestes momentos, o Goberno local está a traballar na redacción dos pregos do novo contrato para a futura concesión que inclúe dotar a instalación con novos sistemas para mellorar os seus resultados. Esperan telo antes do 30 de decembro. 

Douta banda, a Xunta dará luz verde ao pago do sobrecusto das obras de reforma da cuberta do Estadio de Riazor. O prezo final do contrato para a execución da fase 2 das obras ascendeu a 7.196.326, 24 euros. 

O Goberno tomará coñecemento da acta de recepción da obra “Reforma e Conservación de cuberta e estrutura metálica do Estadio de Riazor”, aprobará a certificación final da liquidación da obra e autorizará o pago a Arias Infraestruturas SL de 931.301, 97 euros, cifra que representa unha desviación do 13,3% con respecto ao prezo orixinal da adxudicación da obra (6.986.125,79 euros). O Concello respalda a súa decisión nun informe elaborado polos técnicos que garante a legalidade do pago, que se fará a conta do modificativo de crédito que o Concello aprobou no pleno de xullo.

Ademais, a asesoría xurídica informará que a Corporación poderá presentarse no procedemento que a administración xeral do estado abriu contra os Herdeiros de Carmen Franco Polo e outros para reclamar a propiedade do pazo de Meirás. O Concello está lexitimado para comparecer no recurso debido á súa participación activa no ano 1938 na ficción xurídica para darlle apariencia de legalidad á adquisición do pazo por parte de Francisco Franco. Deste xeito, o Concello poderá intervir non procedemento e presentar alegacións para unha mellor defensa do patrimonio público.

Con esta medida, o Concello inicia as accións xudiciais encamiñadas a revogar un espolio das propiedades públicas e devolver o seu patrimonio á cidadanía, ademais de poñer en marcha as actuacións que teñen como obxecto a recuperación da memoria histórica e da dignidade das persoas represaliadas durante o franquismo.

Ademais, o Goberno local reorganiza o servizo de contratación para mellorar a xestión municipal e incrementar a execución orzamentaria. Centralízase a contratación dos proxectos municipais. A reorganización busca unha maior eficiencia na execución orzamentaria. “Cando chegamos ao Goberno municipal detectamos unha situación crítica e estivemos nos primeiros meses estudando as solucións que permitirán mellorar o servizo de contratación. Buscamos unha maior eficiencia nos procedimentos e poder desatascar multitude de proxectos que levan dende 2017 pendentes de completarse” explicou o concelleiro de Facenda, Jose Manuel Lage.
“A reforma do servizo de contratación é unha primeira medida imprescindible para reactivar multitude de proxectos que estan parados desde hai moito tempo e que condicionan o funcionamento do concello”, apuntou o edil.

O Goberno local marcáse como obxectivo que dentro de doce meses o novo sistema poida ter un funcionamento óptimo, porque a situación actual é crítica e o modelo actual tiña bloqueada unha boa parte da actividade do concello.

Doutra banda, o Concello, en resposta a unha sentenza xudicial, deberalle aboar á empresa Miramar de San Pedro S.L. o custo de explotación do ano 2015 correspondente aos gastos en ingresos das instalacións de elevador panorámico e do miradoiro do Monte de San Pedro que ascenden a 216.715, 71 euros; gastos do elevador 146.074,82 euros (83.268,21 euros e 62.806,61 euros correspondentes aos ingresos percibidos) e gastos da cúpula que ascenden a 70.640 euros. O Goberno local deberá facer fronte tamén ao pago dos xuros, un total de 21.838,40 euros. 

A área de Urbanismo presentará o proxecto de reurbanización da rúa de Manuel Murguía que inclúe a construción dun carril bici bidireccional no lado do estadio. A actuación recolle a eliminación dun carril de entrada á cidade, dirección rotonda das Escravas, e a renovación de beirarrúas e pavimentos. Ademais, levaranse a cabo melloras na accesibilidade. O importe das obras ascende a 385.515,41 euros.

Neste caso, a intención da concellería é que no futuro o tramo de Manuel Murguía conecte por unha banda coa Cidade Escolar, polo polígono de Náutica, e polo lado da Rolda de Nelle co futuro carril bici que se construirá unha vez que se elimine o viaduto. 

Por outra banda, Urbanismo leva á Xunta de Goberno Local a aprobación do convenio subscrito entre o Concello da Coruña e Unión Fenosa Distribución Eléctrica SA, que lle permitirá á compañía eléctrica iniciar os traballos de soterramento das liñas eléctricas de media tensión situadas na contorna do Castro de Elviña.
  A Xunta de Goberno Local deberalle dar luz verde á aprobación definitiva do expediente de expropiación forzosa de varias parcelas situadas na avenida de Fisterra, número 2, Lugar de San José, para incluílas no sistema viario da cidade, tal e como aparece recollido no Plan Xeral de Ordenación Municipal do 2013. O expediente tramitouse polo procedemento de taxación conxunta por importe de 157.116,15 euros con cargo aos orzamentos do 2019.

No hay comentarios:

Publicar un comentario