A Xunta
de Voceiros reuniuse esta mañá para actualizar a situación e recoller as
propostas das e dos representantes das distintas forzas políticas co fin de
frear a curva do coronavirus na cidade
Mentres a policía sancionou a 63 persoas e detivo a 3 desde o inicio do estado de alarma.
A
Coruña, 23 de marzo de 2020.- A alcaldesa, Inés Rey, o voceiro do Goberno local,
José Manuel Lage, e o responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán,
reuníronse esta mañá co resto das persoas representantes das forzas políticas
do concello para as informar das últimas medidas tomadas e de como están resultando
de cara a frear a curva de contaxio do coronavirus na cidade. Tal e como
acordaron a semana pasada, a xunta, que se realizará dúas veces á semana,
convocarase de novo este xoves co fin de pór ao día en todo momento as e os
representantes dos distintos partidos.
No encontro, as/os voceiros achegaron as súas propostas e
falaron de cuestións laborais e veciñais derivadas deste estado de alarma. Rey
destacou a actitude participativa de todas e todos eles e comprometeuse a
estudar as ideas que presentaron porque “isto é un traballo en común por lles
dar unha mellor resposta ás necesidades das e dos coruñeses”.
Desde o Goberno local, explicaron como está a situación na
rúa e informaron das 63 sancións que lle impuxo a policía á veciñanza e das
tres persoas que foron detidas desde o inicio do estado de alarma. Tamén
repasaron os protocolos de prevención establecidos nos diferentes departamentos
municipais, en intalacións como os mercados e áreas e servizos de Medio
Ambiente… Ademais, afondaron sobre como distribúe a seguridade na Coruña
tras a cesión da Deputación de parte do IES Calvo Sotelo para unha segunda base
dos Bombeiros no centro.
Na primeira xuntanza, recordaron tamén todo o referido
ao ámbito social e ás axudas, como o talón comedor e os comedores sociais, o
acordo coa Cociña Económica, a habilitación do albergue no Pavillón de Deportes
de Riazor que funciona desde onte, a gratuidade do aparcadoiro
Materno-Oncolóxico e a dispoñibilidade que teñen tanto o persoal traballador
como as persoas usuarias do Abente y Lago para deixaren o coche nos terreos da
Solana.
Tamén trataron temas como a limpeza e a instalación dos
baños públicos ou as negociacións que desde o concello se están realizando para
conseguir máis equipos de protección, aínda que, nese punto, lembraron que o
Sergas será o primeiro en abastecerse, debido a que o persoal sanitario é o que
máis se expón ao virus, e a desinfección e as medidas de seguridade nos
hospitais son primordiais.
Mercados incorpora máis persoal de conserxería nas prazas de
abastos
A
concellería reforza con seis profesionais o control nos mercados co fin de
protexer ás/aos traballadores, praceiras/os e clientas/es
A
Coruña, 23 de marzo de 2020.- A Concellería de Mercados reforza o cadro de persoal
de conserxería das prazas de abastos con seis profesionais máis que desde hoxe
e polo tempo en que se prolongue o estado de alarma prestarán os seus servizos.
Deste xeito, refórzase o control nos mercados co fin de protexer ao máximo ao
persoal municipal, ás e aos praceiros e vendedoras/es, e á veciñanza e
clientela destes lugares dedicados á compra-venda.
Mercados
tomou esta decisión para garantir os protocolos que estableceron desde Medio
Ambiente e saúde laboral en que se recomenda un maior control dos accesos ás
instalacións, a limitación do número de clientas e clientes e a distancia deseguridade entre as e os compradores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario