Benestar Social ofrece actividades en liña do programa
sociocultural da Rede de Centros Cívicos
As e os veciños, estean inscritas/os nelas ou non, poderán
desfrutar na internet de tutoriais gravados polas profesoras/es de pilates,
debuxo, baile, novas tecnoloxías, bordado ou estimulación cognitiva
A concellería colgará as clases a través de YouTube, no enlace https://www.youtube.com/channel/UCDb6atcllVxhclzM43Z-krg, e irá ampliando as opcións
segundo as necesidades das e dos coruñeses
A Coruña, 28 de marzo de 2020.- A
Concellería de Benestar Social pon a disposición da cidadanía na internet o Programa
de Actividades Socioculturais da Rede de Centros Cívicos, un referente na
dinamización sociocultural da veciñanza e os barrios da cidade á que o concello
lle dá agora unha volta co fin de seguir trazando unha rede en liña e evitar
agravantes entre as persoas que están sen compaña nestas semanas de
confinamento. De feito, a iniciativa é unha das vías que a concellería emprega
desde hai anos como medio de prevención da soidade e a creación de relacións
entre as persoas.
As e os monitores que imparten as
distintas actividades na Rede de Centros Cívicos gravaron unha serie de vídeos
para lles dar continuidade aos contidos traballados nas súas clases e que están
subidos á canle de YouTube denominada Coruña Acompaña, á que se pode acceder a
través do enlace https://www.youtube.com/channel/UCDb6atcllVxhcIzM43Zkrg.
Nesta canle, poderanse atopar os
vídeos nas diferentes listaxes de reprodución, en función da temática da
actividade. Dese modo, as persoas que o desexen, estean inscritas nalgunha
actividade ou non, poderán velos e seguir as clases desde a casa. Nunha primeira
fase, os tutoriais que se poderán desfrutar na canle de YouTube Coruña Acompaña son de:
-
Actividade
Física: De cara a combater o sedentarismo actual en que se atopa a
cidadanía, colgaranse sesións de Pilates, Hixiene Postural, Ximnasias de
Mantemento de diferentes niveis de dificultade.
-
Actividades
de expresión plástica: Que brindarán a oportunidade de aproveitar o tempo
libre do que se dispón para abordarmos diferentes técnicas manuais. Inclúese un
curso de iniciación ao Debuxo e á Pintura, un obradoiro de iniciación ao Coiro,
así como obradoiros de Calceta, Gancho ou Bordado.
-
Actividades
de expresión corporal: Propostas de Ritmos Latinos, Baile Moderno para
practicar coas/cos máis pequenas/os da casa, así como Aerobic Latino para se
exercitar ao ritmo da música.
-
Novas
Tecnoloxías: Un obradoiro destinado a coñecer os recursos que as novas
tecnoloxías brindan de cara a mellorar o día a día. Este apartado estará
especialmente orientado a combater a brecha dixital que afecta a amplos
sectores da sociedade.
-
Estimulación
cognitiva: Tratando de non
romper co traballo que se vén facendo na rede de Centros Cívicos Municipais
pola saúde cognitiva dos maiores, ofrecerase unha proposta de traballo en liña
con vídeos de exercicios e materiais didácticos descargables para exercitar a
mente e mais a memoria.
Este proxecto irase adaptando ás
necesidades que formule a cidadanía durante este período e que se anunciarán
segundo se amplíen as opcións.
Con esta iniciativa, Benestar Social
pretende facer máis levadeira esta corentena e que as e os coruñesas se sigan
exercitando, que creen, pensen e desfruten desde as casas ata que se poida
volver a frecuentar a rede de equipamentos públicos deseñados para a cidadanía.
Os Museos Científicos propoñen actividades diarias e reforzan a
información veraz sobre a pandemia
A través das súas redes sociais, soben contidos para que o
coñecemento e a divulgación ocupen tempo entre os quefaceres das e dos
coruñeses
A
Coruña, 28 de marzo de 2020.- Os Museos
Científicos coruñeses traballan a diario a
través das rúas redes, en Twitter, Facebook e
Instragram, por lle propoñer á veciñanza contidos de carácter propios co fin de
entreter formando ás e aos que están na casa. Deste xeito, soben suxestións
sobre distintos temas para que as persoas usuarias reflexionen ou ofrecen
vídeos sobre o mantemento dos animais no Aquarium. Tamén formulan experimentos
fáciles de realizar, así como actividades sinxelas que se poden desenvolver en
familia co fin de que a ciencia e o coñecemento ocupen tempo no quefacer diario
das e dos coruñeses.
Por outra banda, reforzan as publicacións que si
están aportando datos científicos de calidade con respecto da pandemia e lanzan
misivas con base xa que, segundo o seu director, Marcos Pérez, circula moita
información de calidade, pero hai unha parte importante que “responde a
suposicións sen criterio e carentes dunha perspectiva global dado que se trata
dun problema inédito no mundo”.
Noutras ocasións, as novas están xa caducas e nese
aspecto, desde a rede museística validan aquilo que si é veraz e está
actualizado. Ademais, advirten de todo o que son bulos e novas falsas que se
transmiten, sobre todo, a través do whatsapp.
No hay comentarios:
Publicar un comentario