O albergue habilitado no Pavillón de Deportes de Riazor estará
operativo desde mañá
A
Concellería de Benestar Social ofrecerá aloxamento, duchas e comida para 35
persoas con posibilidade de aumentalas ou de habilitar máis espazos se for
preciso
A
Coruña, 21 de marzo de 2020.- O concello habilitará o frontón e parte das
instalacións do Pavillón dos Deportes de Riazor para albergar desde mañá a 35
persoas sen fogar durante as 24 horas do día, con posibilidade de aumentar as
liteiras –cedidas polo Exército- e os espazos de acollida se for preciso.
Nas instalacións daráselles ás e aos usuarios servizo
de duchas e aseo con produtos de hixiene; almorzo, comida e cea, así como
aloxamento, dentro dunha zona habilitada para o descanso. Benestar Social e a
Forza de Loxística Operativa (FLO) acondicionaron estes días o multiusos para
que poidan durmir e teñan ademais un apartado en que realizaren as
comidas.
Deste xeito, o persoal aproveitará o tempo en que
xantan para limpar a zona de descanso e en todo momento se gardarán as medidas
de seguridade e prevención decretadas polo Estado. As persoas usuarias estarán
separadas tanto nestes dous apartados como en varias zonas internas para o
esparexemento, incluída tamén unha exterior entre o pavillón e o estadio de
Riazor.
Nun dos accesos ao pavillón onde estará habilitada a
entrada, persoal do Sergas realizaralles unha triaxe e ademais, unha vez
dentro, tomaráselles a temperatura e controlarán o seu estado polo menos dúas
veces ao día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario