O concello reparte 10.000 equipos de protección para o persoal
municipal e as
concesionarias que realizan servizos esenciais
O Goberno local leva días achegando material quirúrxico a varias
entidades da cidade e xa traballa nunha próxima partida para os profesionais
municipais e de sevizos esenciais
A Coruña, 2 de abril de
2020.- O concello repartiu no día de hoxe preto de 10.000 equipos de
protección da Covid-19 entre os traballadores e traballadoras municipais e nas
empresas concesionarias que están levando a cabo servizos esenciais. Nesta
achega, o executivo local entregou o seguinte
número de máscaras quirúrxicas a estas entidades:
•
1.500 máscaras para o colectivo de taxistas, incluíndo
Radiotaxi e Teletaxi.
•
1.500 máscaras para os condutores e condutoras de
autobuses da Compañía de Tranvías da Coruña.
•
Máis de 200 para Emalcsa.
•
1.000 máscaras para a Concellería de Benestar Social,
xunto a 50 máscaras de alta protección CPR, 50 traxes de buzo e 3.000 luvas.
•
1.000 máscaras para os profesionais municipais de
Seguridade Cidadá (Policía Local, Bombeiros e Protección Civil), xunto a 30
traxes de buzo e 1.000 pares de luvas.
•
Abastecemento de diverso material de EPIs para as
concesionarias de tratamento e contenerización de lixo, así como máscaras para
a concesionaria do servizo de limpeza e de recollida de lixo, xa que esta xa
dota aos traballadores de lentes, botas, traxes de buzo e luvas.
Este reparto vén precedido da
achega de material de protección ás traballadoras e traballadores do Servizo de
Axuda a Domicilio (SAD), e das pantallas protectoras que confeccionou
Protección Civil e tamén a empresa pública de augas Edar de Bens e que están
empregando membros de todos os corpos de seguridade na cidade. Ademais, os e as
profesionais do taxi, persoal de Benestar Social e do Dispositivo especial de
voluntariado tamén recibiron unha pequena partida días atrás.
O Goberno local espera repartir unha nova partida
na vindeira semana a pesar da dificultade de facerse con este equipos básicos
co fin de seguir dotando tanto aos nosos profesionais como aos das empresas
concesionarias de servizos esenciais deste material co que non se poden facer
debido á situación de desabastecemento xeral. É por iso que o concello quere
seguir abastecendo ao persoal, sempre priorizando a aquelas persoas que
traballan no ámbito sanitario e nos Servizos Sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario