A Marea Atlántica fai un chamamento a dar por
rematado o
curso académico
por mor da
crise do COVID-19
A Coordinadora da Marea manifesta a súa preocupación
sobre a falta de medidas para paliar as desigualdades entre o alumnado, que a
corentena está a acentuar
A Coordinadora esixe, ademais,
que se tomen medidas para permitir a saída á rúa dos nenos e nenas, que levan
máis dun mes confinados nos seus fogares
A Coordinadora da Marea Atlántica amosa a súa preocupación
pola situación que a crise do COVID-19 está a provocar nos diferentes niveis
educativos e urxe ás administracións competentes a adoptar as medidas
necesarias para poder asegurar que o ensino público manteña o seu papel
formativo e de cohesión social durante a difícil situación actual.
Desde a Marea Atlántica, facemos un chamamento a tomar canto
antes medidas para dar por finalizado o curso actual nas etapas obrigatorias e
comezar a preparar o seguinte, no que deberán recuperarse os contidos
formativos que non sexa posible impartir no último trimestre deste período
lectivo.
A situación actual, cunha actividade fomativa a distancia, é
ineficiente e supón negarse a recoñecer unha realidade clara: nin o
estudantado, nin o profesorado, nin as familias están preparadas para o ensino
telemático. Ademais, acrecenta as desigualdades sociais, pois non todos os
fogares dispoñen de conexión a internet e ordenadores para que o alumnado poida
seguir a xornada académica na casa. Estes problemas de equidade imperan tamén
no ensino non obrigatorio.
Por estes motivos, a Marea Atlántica súmase ás
reivindicacións do estudantado das tres universidades galegas, que convocan
unha folga a partir do día 16 de abril demandando dar por finalizado o curso
vixente.
Ademais, desde a Marea Atlántica reclamamos ás
administracións competentes que dean unha solución consensuada e de urxencia á
situación do estudantado, tanto nos niveis obrigatorios coma nos non
obrigatorios, nas que primen dous criterios: a equidade nas oportunidades
e acesos e o menor perxuízo posible nos accesos dende o
ensino á universidade e ao mundo laboral.
Menores e confinamento
A Coordinadora da Marea Atlántica tamén amosa a súa
preocupación polos efectos que o confinamento prolongado é susceptible de
producir nos nenos e nenas. Unha situación como a actual require de medidas
especiais dirixidas a menores para evitar no posíble consecuencias negativas na
súa evolución psicosocial e física. Tampouco aquí a situación é igual para
todas as familias, xa que o confinamento, como dixemos, acentúa a
desigualdade.
As persoas expertas están a solicitar medidas que permitan
ás crianzas saír de casa, durante un tempo limitado e controlado, mantendo a
distancia social e evitando riscos para o conxunto da poboación. Sumámonos a
esa petición, e solicitamos ao Goberno do Estado que adopte as solucións
pertinentes: irán en beneficio dos nenos e nenas e da convivencia familiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario