Preto de 20 equipos de
Medio
Ambiente traballan a diario na desinfección da cidade, en coordinación con Protección Civil
No
plan de limpeza das rúas, o persoal ten en conta as actuacións que este
colectivo realiza en infraestruturas dependentes doutras administracións, como
residencias de maiores, para completalas na súa parte exterior
A
concellería prepara unha campaña para que o cambio de hábitos da veciñanza sexa
para sempre e que esta contribúa a ter unha cidade salubre
Un
total de 14 equipos da Concellería de Medio Ambiente desinfectan a diario as rúas
e as instalacións municipais en coordinación con Protección Civil da provincia
da Coruña, de xeito que, se desde este colectivo traballan na limpeza de
infraestruturas dependentes doutras administracións, como residencias de
maiores, as/os profesionais locais completan a actuación na súa parte
exterior.
Este cadro de persoal realiza labores as 24 horas, en
quendas de día (das 7.00 ás 00.00 horas) e nocturnas (de 22.00 a 6.00 horas),
co fin de garantir a seguridade e hixiene das e dos veciños canto ás vías da
cidade, distribuído en nove zonas. Os equipos percórrenas todas e visitan
diariamente instalacións en que se lles está a dar servizo a distintos
colectivos neste confinamento, como o Pavillón dos Deportes de Riazor, a Cociña
Económica ou as entidades sociais Padre Rubinos e Cáritas Interparroquial, así
como os mercados municipais.
Da mesma maneira, preparan os equipamentos públicos de cara
ao futuro e, nese aspecto, están elaborando unha campaña de concienciación que
lanzarán cando as saídas da cidadanía aumenten: “Temos que conseguir que o noso
compromiso sexa para sempre e implementar hábitos que contribúan a ter unha
mellor salubridade”. Non se trata, aclara a edila, dunha cuestión de estética e
imaxe da cidade, senón de que as e os coruñeses se decaten que, se deixan de
tirar envoltorios, gomas de mascar, cabichas ou calquera outro residuo,
contribuirán a evitar infeccións.

No hay comentarios:
Publicar un comentario