O concello pon en marcha a campaña “Ninguén atrás” para cubrir
as necesidades educativas
das e dos escolares con dificultades de acceso aos recursos
dixitais
-O número de teléfono 981 184 294
está a disposición das familias para que trasladen as súas demandas en materia
educativa
-A alcaldesa, Inés Rey, asegura que
o Goberno local “non vai deixar a ninguén atrás ante esta situación e poñerei
todos os medios ao meu alcance para dotar de recursos escolares a todo o
alumnado que o necesite e mesmo material informático a aquelas e aqueles
rapaces máis desfavorecidos”.
O vindeiro martes as
familias con fillas ou fillos que cursen calquera das etapas da ensino escolar
poderán chamar ao 981 184 294 para lle trasladaren ao concello as súas
dificultades e poderen acceder ao material didáctico e aos recursos
dixitais.
A alcaldesa, Inés Rey, asegura que o Goberno local
“non vai deixar a ninguén atrás ante esta situación e poñerei todos os medios
ao meu alcance para dotar de recursos escolares a todo o alumnado que o
necesite e mesmo material informático para a rapazada máis desfavorecida”. Para
dotalos deste tipo de material dixital, o concello deberá contar cun informe
pertinente do departamento de Servizos Sociais que acredite a situación de
vulnerabilidade das persoas demandantes.
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de
Benestar Social e de Educación e coa colaboración do voluntariado que está a
prestar axuda en diversas actuacións durante esta crise sanitaria pretende
distribuír coa campaña “Ninguén atrás”, e na medida do posible, as leccións da
casa ou diverso material didáctico, entre as pequenas e pequenos que non
dispoñen de Internet e que até o de agora non puideron facer as súas tarefas, ou as
realizaron con dificultades, durante o confinamento.
O programa está dirixido a todas e todos aqueles
estudantes de calquera dos ciclos escolares que carecen de recursos dixitais
para accederen aos seus materiais formativos.
Desde a Concellería de Educación solicitaranlles aos
cadros directivos dos colexios que lles faciliten os datos para que as/os
traballadores do CMIX, que atenderán as chamadas, poidan coordinar os
materiais/recursos e repartilos nos seus domicilios. Desta maneira, este
programa nace da coordinación das dúas concellerías co fin de solucionaren un
problema que afecta a moitas/os escolares da cidade que “non poden quedar atrás
por non teren recursos dixitais nos seus domicilios”.
O concello non permitirá que as e os escolares
coruñeses, especialmente as/os das familias sen recursos, non continúen coa súa
aprendizaxe nuns momentos tan complicados coma estes pola súa situación
socioeconómica. O concello coñece a preocupación das e dos directores e
profesorado da cidade por este tipo de casos en que a falta de medios provoca
que o alumnado non poida realizar as súas tarefas ou proseguir cos seus
estudos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario