Benestar Social resolve
preto de
400 demandas de emerxencia social durante a primeira
quincena do estado de
alarma
O servizo realizou 2.400
asistencias entre os cinco puntos operativos de San Diego, Labañou, Os Mallos,
Monte Alto e Elviña
A concellería de Benestar
Social, que dirixe Yoya Neira, prorroga até tres meses as axudas alimentarias e
concede 174 máis derivadas a entidades sociais coas que ten convenios asinados
A Coruña, 6 de abril de
2020.- Os Equipos de Atención Social (EAS) da Concellería de Benestar
Social continúan atendendo estes días a cidadanía de forma telefónica. O
servizo resolveu, a través do 010, un total de 400 solicitudes de emerxencia
social desde que se decretou o estado de alarma e realizou 2.400 atencións
entre os puntos en que están operativos: San Diego, Labañou, Os Mallos, Monte
Alto e Elviña. As máis de 400 demandas que recibiron foron por parte de novas
persoas usuarias e tamén de habituais que empregaron esta canle para
contactaren co persoal. Canto ás axudas de emerxencia, no proceso de tramitación
contaron coas áreas de Intervención Municipal e Facenda, co fin de lles
axilizar a xestión.
Por outra banda, as e os
coruñeses beneficiarios das axudas para alimentos por un prazo de dous meses,
terán unha prórroga dun mes máis. Neste aspecto, a concellería contactou con
VEGALSA para establecer un protocolo, de xeito que a veciñanza poida mercar a
comida cos vales municipais para unha persoa non titular.
Ademais, o concello concedeu 174 novas axudas
económicas subvencionadas pola concellería e derivadas a entidades sociais coas
que ten convenios asinados.
O servizo de atención
cidadá do
010 atendeu 22.515 chamadas desde a declaración do estado de
alarma
O concello mellora o
sistema de xestión dixital facilitándolle aos veciños o acceso a máis de 60
trámites a través da web municipal
O servizo de atención cidadá do 010 atendeu 22.515 chamadas
de veciños desde a declaración do estado de alarma. O pasado mes de marzo o 010
atendeu en total 35.356 chamadas de veciños, o que supón un incremento de cerca
de 4.100 con respecto ao mesmo período do ano anterior. Só nos tres primeiros días de abril suman
outras 3.565 chamadas atendidas, a unha media de máis de un milleiro por día.
Para facer fronte a situación creada, a concellería
movilizou a todos os traballadores do 010, que mesmo prestan servizo os
domingos e festivos. De luns a venres o horario de atención vai das 08:00 horas
ás 20:00 horas. Os sábados, domingos e festivos aténdese desde a declaración do
estado de alarma de 09:00 a 20:00 horas. O teléfono tamén estará dispoñible
durante os festivos da Semana Santa. O 010 atende todas as chamadas que recibe, pero desde a
concellería aconsellan aos cidadáns que precisen facer algunha consulta que
accedan a ese servizo desde o 981 920 010 cando se comuniquen desde un teléfono
móvil para evitar esperas. “O persoal de atención cidadá e do 010 están facendo
un gran traballo, afrontando situación delicadas e de gran tensión”, di Lage Tuñas.
Ademais, o Concello está a informar sobre todas as
actuacións municipais vinculadas ao Covid-19 desde a súa páxina web, onde ten
habilitada un apartado específico para consultar todos os decretos, resolución
e medidas tomadas desde a entrada en vigor do estado de alarma. Entre o 16 e o
31 de marzo a web municipal recibiu 211.131 visitas.
O Concello mantén a súa actividade fóra tamén dos
servicios esenciais que presta de modo presencial. Así, máis de 450
traballadores municipais conéctanse a diario de xeito remoto á plataforma
dixital do Concello da Coruña.

No hay comentarios:
Publicar un comentario