Medio Ambiente doa equipos de protección individual para o
persoal do Chuac
A
concellería achegou esta mañá 500 pantallas de proteccion e 300 traxes de
bucios os traballadores e traballadoras do complexo hospitalario
A Coruña, 6 de abril de
2020.- A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade fixo esta mañá
unha doazón de equipos de protección individual para os e as profesionais do
Chuac. Desde o inicio do estado de emerxencia distintas empresas fixeron chegar
á concellería non só o seu desexo de contribuír de modo activo a todo tipo de
actuacións que axuden a paliar está pandemia, senón que tamén fixeron entrega
de diferente material destinado ao persoal traballador que está en primeira
liña da loita contra o COVID19.
Seguindo ese xesto de compromiso
e responsabilidade, esta mesma mañá un técnico da Concellería de Medio Ambiente
achegouse ao Chuac para facer entrega de 300 traxes de bucios de diferentes
tallas e de 500 pantallas de protección. Deste xeito, a concellería quixo
compartir a xenerosidade da que foi obxecto con aqueles profesionais que están
en primeira liña da fronte de batalla contra o virus.
Ademais, esta entrega fíxose seguindo o criterio
que marcou a nosa alcaldesa, Inés Rey, á hora de colaborar coas organizacións,
profesionais, empresas e institucións que máis están aportando en beneficio da
seguridade e da saúde de todos os coruñeses e as coruñesas. Ese mesmo criterio
foi o que seguiu a concellería ao repartir entre as empresas concesionarias dos
servizos esenciais dependentes de Medio Ambiente as máscaras, luvas e pantallas recibidos o pasado venres
procedentes directamente de Alcaldía.


No hay comentarios:
Publicar un comentario