Traductor

lunes, 20 de abril de 2020

Medio Ambiente inicia as tarefas de desinfección das áreas caninas

Medio Ambiente inicia as tarefas de desinfección das áreas caninas dos parques de Bens, Santa Margarida, Adolfo Suárez, Eirís e Novo Mesoiro


A Concellería lémbralles ás donas e aos donos dos animais que, debido ao estado de alarma, está prohibido pasear por estas zonas

A Concellería de Medio Ambiente ten previsto comezar este luns os labores de desinfección e desinsectación nas áreas caninas dos parques de Bens, Santa Margarida, Adolfo Suárez, Eirís e Novo Mesoiro. Por este motivo, distribuíronse carteis para informar sobre esta medida.

As e os responsables municipais lémbranlles ás donas e donos dos animais que está prohibido pasear por estas zonas, segundo establece a normativa do estado de alarma e infórmanas/os de que, desde as 8.00 horas do luns até as 8.00 horas do martes 21 de abril, estas áreas permanecerán cerradas. Indican tamén que, como a efectividade do tratamento depende da climatoloxía, se xurdir calquera eventualidade, avisarase con tempo.  

12 equipos da Concellería de Medio Ambiente desinfectan a diario as rúas e as instalacións municipais, en coordinación con Protección Civil da provincia da Coruña. Este persoal realiza labores as 24 horas, co fin de garantir a seguridade e a hixiene nas vías da cidade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario