O concello e a Delegación
do
Goberno poñen en marcha un
plan de desinfección na cidade con
camións que nebulizarán
22.000 litros de
hipoclorito en cada viaxe
A
alcaldesa, Inés Rey, agradeceu a colaboración da Delegación do Goberno para
desenvolver esta titánica tarefa de limpeza en toda a cidade
A
Coruña, 11 de abril de 2020.- O concello e a Delegación do Goberno porán en marcha
un sistema de desinfección por toda a cidade que consistirá na nebulización
dunha solución de hipoclorito cargada en dous camións de Demarcación de
Estradas do Estado de enormes dimensións.
Os vehículos, que xa participaron na desinfección das zonas
máis afectadas polo Covid-19 na Comunidade de Madrid, teñen tanques con
capacidade para 10.000 e 12.000 litros, e traballarán nas principais rúas da
cidade, como as roldas de Nelle e Outeiro, Linares Rivas, Manuel Murguía, a
avenida de Arteixo ou o paseo marítimo.
A alcaldesa agradece a colaboración da Delegación do
Goberno en Galicia nesta tarefa de desinfección, xa que é a primeira vez que
estes vehículos se desprazan á comunidade galega. “O obxectivo é común para
todas as administracións públicas e, neste caso, póñense os recursos do Estado
e da cidade para combater unha pandemia que ten as e os coruñeses confinados
desde o pasado 13 de marzo”.
RUTAS
Unha vez que se reestruturen os equipos de desinfección da
Concellería de Medio Ambiente e de CESPA, as primeiras rutas asignadas aos
camións de Estradas do Estado, son:
RUTA 9, de 2 quilómetros e 5 minutos de duración, irá desde
Santo André e praza de Pontevedra até Juan Flórez.
RUTA 10, dun quilómetro e nun tempo estimado de catro
minutos, transcorrerá pola praza de Portugal, avenida da Habana e Manuel
Murguía.
RUTA 11, de 5 quilómetros e 22 minutos, pasará pola praza
de Mina, rúa Compostela, praza de Galicia, praza de Lugo, Médico Rodríguez,
avenida de Arteixo, Federico Tapia, avenida de Fisterra e Palomar.
RUTA 12, de 7 quilómetros e 15 minutos de duración,
centrarase no campus de Elviña.
RUTA 13, de 5 quilómetros e 5 minutos de duración, irá por
Alfonso Molina e Pedralonga até a estrada de Eirís polo Oncolóxico.
CESPA encargarase das rúas que, debido ás súas dimensións,
non permitan manobrar os camións de Estradas do Estado.
Nos próximos días, remitiranse o resto dos percorridos que
están sendo estudados polo persoal técnico da Concellería de Medio Ambiente, e
mais os de CESPA, para seren reestruturados..

No hay comentarios:
Publicar un comentario