A
iniciativa trata de alentar as e os veciños co vídeo “Somos un faro”, en que
reforza a importancia de afrontarmos xuntos esta crise sanitaria, á vez que
recorda que falta menos para desfrutar da cidade e dos seus recursos
A Coruña, 11 de abril de 2020.- O Consorcio de Turismo e
Congresos da Coruña, no seu labor de promover a cidade como destino turístico,
lanza unha nova campaña titulada 'Miña Coruña' para animar a cidadanía a unirse
de cara a superar os momentos duros en que todas e todos nos atopamos.
A campaña amosa imaxes da Coruña cunha mensaxe
esperanzadora para levar mellor este período de confinamento e nela o concello
agradece o traballo e a solidariedade dos colectivos profesionais e da
veciñanza en xeral pero, ao mesmo tempo, recorda que falta menos para
desfrutarmos da nosa cidade e das súas riquezas.
O vídeo, que se pode en ver https://youtu.be/tErwAX5NZEQ, dura un minuto e 12 segundos e busca
enxalzar os valores atlánticos da urbe, coa luz da Torre de Hércules como eixe
central. "Coa luz da vosa solidariedade, a luz da vosa empatía, a luz da
responsabilidade e da esperanza; unha luz que guiará a xeracións sinalando o
futuro en futuras tormentas", di o texto da produción audiovisual.

No hay comentarios:
Publicar un comentario